ARTE E HISTORIA

Elements area

Taxonomy

Code

Scope note(s)

    Source note(s)

      Display note(s)

        Hierarchical terms

        ARTE E HISTORIA

        Equivalent terms

        ARTE E HISTORIA

          Associated terms

          ARTE E HISTORIA

            2663 Archival description results for ARTE E HISTORIA

            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-19 · Item · 1958-05-20
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Informa da Velada organizada pola Coral do centro "Anaquiños da Terra" en homenaxe ao seu director, Avelino Abuín de Tembra na que haberá unha representación teatral, a actuación da Coral "Cantos y Danzas de Galicia", xogos florais e un concurso de regueifas. A velada remata cun baile para todos os e as socias que queiran asistir. A homenaxe será o 25 de maio de 1958.

            Untitled
            Libro de Visitantes
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-05-02-01 · Item · 1918-2008
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Libro que recolle as dedicatorias e sinaturas dos persoeiros que visitaron á entidade (políticos, escritores, xornalistas, artistas, músicos ....). Podemos destacar entre outras moitas a visita de Manuel Lugrís Freire, Ramón Piñeiro, Alvaro Cunqueiro, Manuel María, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Rodrígues Lapa, Ricardo Carballo Calero, Carlos Casares etc.

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-07-03-02 · Item · 1927-11-10
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Publicación editada con motivo da celebración do XIX aniversario fundacional da entidade celebrado o 10 de novembro de 1927. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa, F. Somoza e fotografías dedicadas dos reis de España e do presidente do goberno, Miguel Primo de Rivera. Consta de noticias sobre as actividades da colectividade galega en Lisboa e da entidade. Hai artigos sobre Galicia e sobre a súa literatura, ademais da reprodución de poemas en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Antonio Varela Noriega etc.

            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-CaGa-07-01-01 · Subseries · 1981 -
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta publicación societaria está editada pola comisión de instrución e cultura de Casa de Galicia de Montevideo, para desempeñar un papel cultural, ademais de ser o voceiro oficial da entidade. A maior parte dos seus contidos versan sobre Galicia, a súa literatura, historia, notas biográficas de persoeiros destacados, presenza de Galicia en Uruguai, situación da cultura, lingua, etc. Tamén aporta información das actividades da institución e a súa historia, conferencias pronunciadas, cursos, actividades científicas, etc.

            Números conservados en formato papel:

            1981: n. 2
            1982: n. 3-5
            1983: n. 6-8
            1984: n. 9
            1986: n. 10
            1987: n. 11
            1988: n. 12
            1989: n. 13
            1990: n. 14
            1991: n. 15
            1992: n. 16
            1994: n. 17
            1995: n. 18
            1997: n. 20
            2005: n. 22

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-HESal-03-01-02-01 · File · 1996
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta do Secretario da sociedade "Hospital Espanhol", Andrés Gutiérrez y Gutiérrez, enviada á Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15 de outubro na que solicitaban documentos e información societaria. Xunto coa carta envían a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas", o escudo societario e unha memoria do ano 1993.

            Untitled
            Libro de rexistro de socios
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-HESal-03-02-01-01 · Item · 1885-01-01 - 2006-08-14
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Libro de rexistro de socios da "Real sociedade espanhola de beneficência", dende o 1 de xaneiro de 1885 ata o 14 de agosto de 2006 (400 páxinas), conservado en formato dixital.

            Untitled