Informes
Corren tan apresa como poden. Unhas sen folgos por mor do esforzo. Outras caen sen se poder erguir. Algunha mais, resistente entoa unha cantiga para lles dar alento. Di, non baixes a cabeza como si foras vencida. Di, esperta, anímate, a loita é longa, a loita é difícil. Entón berran con todas as forzas para manifestar o seu afervoamento