ACONTECEMENTOS/ ESPAZOS/ EVENTOS

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos equivalentes

        ACONTECEMENTOS/ ESPAZOS/ EVENTOS

          Termos asociados

          ACONTECEMENTOS/ ESPAZOS/ EVENTOS

            2666 Descrición arquivística resultados para ACONTECEMENTOS/ ESPAZOS/ EVENTOS

            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AL-PGa-03-01-02-01 · Unidade documental composta · 1980 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia enviada pola Peña Galega de Munich.

            Conservada en formato papel (orixinal):

            • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 22/02/1980, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.
            • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 20/01/1981, a propósito dunha xuntanza.

            Conservada en formato papel (fotocopias):

            • Carta enviada por Modesto Hermida a Eliseo Barbeito Naya o 03/01/1981, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.
            Peña Gallega de Munich
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UMañ-03-01-01-02 · Unidade documental composta · 1926 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia enviada por Andrés Peña Chao, Delegado en Ortigueira, ao Presidente da sociedade "La Unión Mañonesa", conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta que informa do grupo escolar (19/02/1926)
            • Carta que informa do grupo escolar (12/07/1926)
            • Carta que informa do grupo escolar (21/12/1926)
            • Carta que informa do grupo escolar (29/04/1927)
            La Unión Mañonesa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-HABoi-03-01-02-01 · Unidade documental composta · 1938-1945
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia enviada dende Hijos del Ayuntamiento de Boiro a diversos particulares e asociacións: Centro Gallego de Buenos Aires, Banco Español del Río de la Plata, Servicio de Lunch Los 4 amigos, Federación de Sociedades Galegas de la República Argentina, Audición Hispano-Argentina y Centro Musical (Celta), Recreo "El Globo", Jesús Seijo, Cooperativa Alborada, etc.

            Hijos del ayuntamiento de Boiro
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UMañ-03-01-01-07 · Unidade documental composta · 1926 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "La Unión Mañonesa" e o apoderado da sociedade na cidade de A Coruña, José Vidal Fernández, conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (22/11/1926)
            • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (22/09/1927)
            • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (17/01/1928)
            • Carta enviada ao apoderado sobre o informe económico (13/09/1928)
            • Xustificante do Banco Pastor (02/03/1929)
            • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (03/04/1929)
            • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (04/05/1929)
            • Carta enviada ao apoderado sobre o informe económico (18/07/1929)
            • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (10/09/1929)
            La Unión Mañonesa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UMañ-03-01-01-05 · Unidade documental composta · 1926 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e o Comité de Sociedades Españolas de A Habana, conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor do xefe e tripulantes do hidroavión español "Plus Ultra" no vó Palos de Moguer-Arxentina (08/03/1926)
            • Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor dos damnificados polo ciclón que azoutara a rexión occidental da Illa (30/10/1926)
            • Carta enviada polos Presidentes do Casino Español, das Asociacións independentes, do Centro Gallego, do Centro Asturiano e da Cámara Española de Comercio con motivo da suscrición a favor da Cidade Universitaria Hispano-Americana en Madrid (10/08/1927)
            La Unión Mañonesa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UMañ-03-01-01-01 · Unidade documental composta · 1923 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e a súa Delegación en Mañón, A Coruña, conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta que informa de movementos da Delegación (28/11/1923)
            • Carta que informa da Xunta Xeral Ordinaria (18/12/1923)
            • Carta que informa sobre as xestións do Plantel Escolar (19/12/1923)
            • Carta co balance do ano 1925 (10/01/1926)
            • Carta que informa da ubicación da escola (15/03/1926)
            • Carta que informa de asuntos escolares (15/04/1926)
            • Carta co balance trimestral e co informe da ubicación da escola (17/06/1926)
            • Carta que informa de asuntos escolares (20/09/1926)
            • Carta co balance do primeiro trimestre de 1927 (10/04/1927)
            • Carta que informa da construcción de escolas (16/06/1927)
            • Carta que informa da construcción de escolas (16/09/1927)
            • Carta que informa da construcción de escolas (23/01/1933)
            • Carta co balance e co informe do traslado de escolas (21/02/1933)
            • Carta que informa do traslado da escola da Casa do Polo (22/03/1933)
            • Carta que responde sobre a construcción e o traslado de escolas (09/04/1933)
            • Carta sobre a indemnización ao mestre da escola (14/04/1933)
            • Carta que informa sobre as escolas xestionadas pola sociedade (14/05/1933)
            • Carta que responde sobre a indemnización (20/05/1933)
            • Carta que informa sobre o mestre Bernardino Piquerías (24/06/1933)
            • Carta que informa sobre a Casa de Segade (27/06/1933)
            • Carta co balance do ano 1933 (10/12/1933)
            La Unión Mañonesa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-HGol-03-01-02-02 · Unidade documental composta · 1964 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana e a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires, conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta enviada dende a sociedade bonaerense para tratar relacións bilaterais (31/08/1964)
            • Carta enviada dende a sociedade habanera para tratar relacións bilaterais (08/02/1965)
            • Carta enviada dende a sociedade habanera para enviarlles unha fotografía da Xunta Directiva (20/08/1973)
            Hijos del Ayuntamiento de Golada
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UMañ-03-01-01-04 · Unidade documental composta · 1925 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" con motivo do Cemiterio de Mañón, conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta enviada polo cura párroco de Mañón, Gerardo Mouzo Casal, informando das necesidades da parroquia e solicitando axuda económica (1925)
            • Circular enviada aos socios de A Habana pola Comisión organizadora Pro-Cemiterio en Mañón con motivo da construcción do cemiterio (05/03/1926)
            • Carta enviada polo Delegado da sociedade en Ortigueira, José Fernández Maseda, acerca da financiación do cemiterio (15/05/1926)
            • Carta enviada polo Secretario da sociedade, Francisco Seoane, ao Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad (16/05/1933)
            • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, acerca dos doantes do cemiterio (29/05/1933)
            • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, cun informe económico (16/08/1933)
            • Carta enviada polo comercial da empresa de mármores, bronces e granito, J. Pennino co orzamento (21/02/1934)
            La Unión Mañonesa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UMañ-03-01-01-06 · Unidade documental composta · 1926 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia mantida pola sociedade "La Unión Mañonesa" con motivo do monumento a Leandro Pita Sánchez-Boado, conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta enviada pola Directiva da Federación Agraria de Ortigueira con motivo do monumento (14/10/1926)
            • Carta enviada pola Directiva da Federación Agraria de Ortigueira con motivo do extravío dunha carta (08/02/1927)
            • Carta enviada pola Directiva da Federación Agraria de Ortigueira con motivo do monumento (14/06/1927)
            • Carta enviada ao Secretario da Comisión Organizadora Pro-Monumento a Leandro Pita Sánchez-Boado, José Fojo (31/07/1927)
            • Carta enviada pola Directiva da Federación Agraria de Ortigueira con motivo do monumento (08/11/1927)
            La Unión Mañonesa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UMañ-03-01-01-03 · Unidade documental composta · 1926 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e outras sociedades de A Habana, conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta enviada por José Costas, Secretario da sociedade "Luz de Riveras del Sor", con motivo dunha invitación (25/07/1926)
            • Carta enviada por Manuel Álvarez, Secretario Xeral da sociedade "Agrupación Artística Gallega", por un asunto económico (20/05/1933)
            La Unión Mañonesa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UMañ-03-01-02-01 · Unidade documental composta · 1930 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "La Unión Mañonesa" e personalidades en España, conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta enviada a Julio Dávila co agradecemento do Presidente (10/12/1930)
            • Carta enviada a José Zumalacárregui, Rector da Universidade de Valencia, co agradecemento do Presidente (10/12/1930)
            La Unión Mañonesa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-03 · Unidade documental composta · 1928-1930
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            7 cartas da correspondencia mantida entre a sociedade habaneira e a delegación da entidade en Lanzós así como cos veciños da parroquia sobre o alugueiro da primeira planta do edificio social construído en Lanzós polos emigrantes desta parroquia residentes na illa de Cuba (22 páxinas):

            • 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia explicando os motivos da súa decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola (19 de xaneiro de 1928) (2 páxinas mecanografadas e asinadas polo presidente, Antonio Tenreiro Piñeiro)
            • 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia ratificando a decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola. Decisión aprobada en xunta xeral de socios. (3 de febreiro de 1928) (1 páxina mecanografada e asinada polo secretario da sociedade, Antonio Castro)
            • 1 Acta do Consejo de Instrucción de Lanzós, enviada á entidade da Habana do 19 de agosto de 1928, no que fan constar a súa postura contraria a alugar o edificio (1 páxina mecanografada e asinada por Cosme Sacido como presidente e o secretario, Enrique Ramil).
            • 1 Carta enviada polo Sindicato "Juventud Agraria de Lanzós" á sociedade habaneira. Trata sobre a reunión que fixeron no seu edificio os veciños das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós para tratar o tema da «Escuela Nacional» que o concello quere instalar no edificio social de "Progreso de Lanzós", feito do que son contrarios (14 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas e asinadas por Crisanto Ramudo como presidente e José Carballeira, secretario).
            • 1 Carta enviada dende Lanzós á sociedade "Progreso de Lanzós" de A Habana por un grupo de veciños para amosar a súa oposición a instalar no edificio "Progreso de Lanzós" dúas escolas «regidas por el Estado» e solicitan que non aluguen o edificio a tal fin. A carta leva a sinatura de moitos dos veciños da parroquia de Lanzós. (20 de setembro de 1930) (2 páxinas mecanografadas e con sinaturas autógrafas).
            • Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia na que transcriben a carta enviada polo alcalde de Vilalba solicitando o alugueiro do edificio social (20 de marzo de 1930) (2 páxinas mecanografadas)
            • 1 Carta enviada dende A Habana da sociedade "Progreso de Lanzós" aos veciños de Lanzós, titulada MANIFESTO explicando os motivos da súa decisión (2 de novembro de 1930) (3 páxinas mecanografadas)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            Correspondencia realtiva ás escolas
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-Mont-02-04-01-02 · Unidade documental composta · 1923 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia relativa á construcción das distintas escolas promovidas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla" nos concellos de Monterroso e Antas de Ulla, entre os anos 1923 e 1938, conservadas en formato dixital e impreso.

            Monterroso y Antas de Ulla
            Correspondencia recibida
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-UQui-03-01-01-01 · Unidade documental composta · 1934-1956
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia recibida pola sociedade "Unión Quiroguesa y sus distritos" durante os anos 1934, 1936-1939, 1941-1944, 1944-1945 e 1948-1956

            Unión Quiroguesa y sus distritos
            Correspondencia recibida
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UBar-03-01-01-01 · Unidade documental composta · 1969 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Cartas recibidas polo Presidente da asociación "Unión Barcalesa", conservadas en formato dixital:

            • Carta enviada polo Ministro de Traballo, Jesús Romeo Gorría, a Clemente Tuñas Suárez, o día 25/09/1969
            • Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas García, a Rolando Pérez Palmero, o día 12/03/1971
            Unión Barcalesa
            Correspondencia recibida
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-AsVillag-03-01-01-01 · Unidade documental composta · 1936-1941
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia recibida polo "Círculo Villagarcía de Arosa", conservada en formato microfilme, dos anos:

            -1936-1937
            -1940-1941

            A correspondencia recibida dos anos 1935-1937 consérvase tamén en formato dixital.

            Asociación Villagarcía de Arosa
            Correspondencia recibida
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-03-01-01-01 · Unidade documental composta · 1923-00-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            93 cartas recibidas pola sociedade "Progreso de Lanzós":

            • PDF de 160 páxinas que recolle parte das cartas recibidas pola sociedade habaneira de 1923 ata 1937 e que se conservan no arquivo da entidade. Son cartas mecanografadas ou manuscritas que tratan temas da xestión da delegación da entidade en Lanzós, do mantemento e creación do edificio da casa-escola en Lanzós. Tamén hai cartas enviadas por outras sociedades de emigrantes galegos ou de institución da Habana como a Embaixada de España en Cuba. Así mesmo hai misivas de diversos negocios da Habana ofertando servizos á entidade.
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            Correspondencia recibida
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ParDod-03-01-01-01 · Unidade documental composta · 1913 - 1917
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia recibida pola "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro", conservada en formato microfilme e dixital.

            Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro
            Correspondencia recibida
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CVilCos-03-01-01-01 · Unidade documental composta · 1942-1946
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia da sociedade "Centro Villalbés - Cospeito" durante os anos 1942-1946, conservada en formato dixital.

            Centro Villalbés - Cospeito
            Correspondencia recibida
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ConGa-03-01-01-02 · Unidade documental composta · 1951 - 1954
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia enviada ao "Consello de Galiza" en Bos Aires por diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).

            Consello de Galiza