Festas e festivais

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos xerárquicos

        Festas e festivais

          Termos equivalentes

          Festas e festivais

            Termos asociados

            Festas e festivais

            31 Descrición arquivística resultados para Festas e festivais

            31 resultados directamente relacionados Excluír termos específicos
            Recolección de recortes de prensa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-Toxos-05-02-01-02 · Unidade documental simple · 1985
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documento mecanoscrito no que se recolectan as noticias aparecidas en prensa sobre a Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, dende 1974 ata 1985, conservado en formato papel.

            Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas
            Programas das xornadas culturais
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-ARosa-05-02-01-03 · Unidade documental composta · 1997 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programas das xornadas culturais celebradas pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, conservados en formato papel:

            • Díptico das XII xornadas: novembro 1997 (214 x 101 mm)
            • Folleto dos anos 2001 e 2002 (215 x 151 mm)
            • Díptico das XIX xornadas: outubro-novembro 2004 (214 x 101 mm)
            • Tríptico das XXI xornadas: outubro-novembro 2006 (215 x 100 mm)
            Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-08 · Unidade documental simple · 1956-11-11
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Folleto co programa das actividades organizadas pola entidade para conmemorar o seu 48º aniversario fundacional. Ademais da relación dos actos que van ter lugar ese día para os socios tamén hai varias páxinas con información sobre a entidade e fotos dos socios e socias.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-16 · Unidade documental simple · 1958-11-09
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para conmemorar o seu 50º aniversario fundacional. Haberá unha misa, unha visita ao cemiterio para homenaxear aos socios/as falecidos e un acto na sede social baixo a presidencia do Embaixador de España en Portugal no que se entregarán os diplomas honoríficos aos socios con máis de 25 anos de antigüidade na entidade. Despois haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Baile que se repite o día 23.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-27 · Unidade documental simple · 1960-04-24
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa dos actos que se organizan na Festa de Confraternización das dúas entidades españolas máis importantes da capital lisboeta, o Centro Español de Lisboa e Xuventude de Galicia.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-10 · Unidade documental simple · 1957-01-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de xaneiro de 1957. O día 6 celébrase o Día dos Reis Magos cun baile e audición de música galega. O día 20 velada familiar cun gran baile coa orquestra Boémia.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-13 · Unidade documental simple · 1957-03-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para celebrar o entroido dese ano. Celebra varios bailes para os socios e socias a cargo da orquestra Porto de Ponteareas. Ademais haberá unha festa infantil de disfraces e un baile de piñata e o enterro da sardiña. O día 20 pechan o entroido coa orquestra Azul.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-04 · Unidade documental simple · 1956-05-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de maio de 1956. O día 6 organiza un baile amenizado pola orquestra Costa Rica e un concurso de "Jotas e muiñeiras". E o día 26 celebra a Festa do Mantón, cun concurso para o mellor e máis bonito.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-11 · Unidade documental simple · 1957-02-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de febreiro de 1957. Os días 3 e 17 celébrase un baile coa orquestra Columbia. O día 10 hai unha gran festa infantil. E o 24 hai unha gran velada gallega conmemorando o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, coa actuación da Coral do Centro "Anaquiños da Terra".

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-09 · Unidade documental simple · 1956-12-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de decembro de 1956. O día 16 celebra unha velada artística e danzante con artistas españois e un baile coa orquestra Boémia. O día 25 terá lugar unha festa infantil de nadal para os máis novos da entidade con concursos e regalos de xoguetes.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-03 · Unidade documental simple · 1956-04-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de abril de 1956. O día 1 os socios e socias poderán desfrutar dun festival dedicado ao socio Baldomero Boullosa, con actuacións da orquestra Copacabana e a agrupación coral e artística "Anaquiños da Terra" da sociedade. O día 22 organiza un baile coa orquestra Costa Rica e un concurso de "Jotas e muiñeiras".

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-20 · Unidade documental simple · 1958-07-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de xullo de 1958, «Año de las Bodas de Oro». O día 17 organiza o tradicional paseo fluvial nocturno cunha festa durante a travesía a cargo da orquestra Costa Rica. O día 25, Día de Santiago celébrase unha misa e pola noite un baile ao que poderán asistir os socios coas súas familias.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-29 · Unidade documental simple · 1961-02-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para celebrar o Entroido de 1961, con bailes para os socios e as socias e as festas tradicionais como un concurso de disfraces, unha piñata ou o "Enterro da sardiña".

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-26 · Unidade documental simple · 1960-04-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de abril de 1960. O día 3 celebra un gran baile a cargo da orquestra Costa Rica. O 9 de abril terá lugar unha "Gran Velada Gallega" coa actuación da coral societaria "Anaquiños da Terra" e a representación dunha obra de teatro en galego "Estebiño".

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-17 · Unidade documental simple · 1958-04-19
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Invitación para asistir ao festival artístico e danzante que se vai celebrar nos salóns de "Espelho da Agua" para os socios. Haberá actuación da coral galega "Anaquiños da Terra" integrada polos socios e socias da entidade e un baile.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-25 · Unidade documental simple · 1959-05-10
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Invitación para participar nunha homenaxe ao coro da entidade "Anaquiños da Terra". Esta homenaxe está organizada xunto co Centro Español de Lisboa na Festa de Confraternización de ambas entidades de emigrantes.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa