O Arquivo Sonoro de Galicia desenvólvese como proxecto de traballo dentro do Consello da Cultura Galega, dun xeito continuado dende 1995, aínda que os seus primeiros traballos comezan en 1992. Dende este momento, asume a responsabilidade de preservar un patrimonio cultural sonoro galego que abrangue numerosos eidos do coñecemento, tanto en ámbitos públicos coma privados, xa sexa en gravacións inéditas ou editadas.
Os fondos do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega proceden da xenerosidade de particulares, institucións públicas e privadas, discográficas, editoriais e músicos que entenden o noso proxecto como a iniciativa máis salientable para a recuperación, conservación e difusión do patrimonio sonoro galego. Estas achegas procedentes de diferentes eidos permítennos unha constante ampliación e complementariedade dos nosos fondos documentais.
Consello da Cultura Galega