Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
Nivel de descrición
Extensión e medio
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego. Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, goza de total autonomía orgánica e funcional e actúa con independencia e obxectividade respecto dos poderes da comunidade autónoma e da súa Administración. A súa creación, no ano 1983, é orixinal no panorama autonómico, ao ser a única institución deste estilo que figura recollida nun Estatuto de autonomía (artigo 32).
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
O Arquivo Sonoro de Galicia desenvólvese como proxecto de traballo dentro do Consello da Cultura Galega, dun xeito continuado dende 1995, aínda que os seus primeiros traballos comezan en 1992. Dende este momento, asume a responsabilidade de preservar un patrimonio cultural sonoro galego que abrangue numerosos eidos do coñecemento, tanto en ámbitos públicos coma privados, xa sexa en gravacións inéditas ou editadas.
Os fondos do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega proceden da xenerosidade de particulares, institucións públicas e privadas, discográficas, editoriais e músicos que entenden o noso proxecto como a iniciativa máis salientable para a recuperación, conservación e difusión do patrimonio sonoro galego. Estas achegas procedentes de diferentes eidos permítennos unha constante ampliación e complementariedade dos nosos fondos documentais.
Valorización, destrución e programación
Acumulacións
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rexen o acceso
A totalidade dos fondos documentais do Arquivo Sonoro de Galicia están dispoñibles para as persoas estudosas do noso patrimonio sonoro. Estas consultas son presenciais e concértanse previamente. Pódense ceder gravacións sonoras que non estean suxeitas á Lei de propiedade intelectual, sempre e cando a súa utilización non teña fins comercias e sexa de investigación.
Localización:
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15702 Santiago de Compostela
Tel.:+34 881 995 147
Páxina web: http://consellodacultura.gal/asg/
Horario de atención ao público:
De luns a venres de 10.00 h a 14.00 h. Con cita previa.
Para calquera consulta sobre os fondos do ASG, vostede pode enviar unha mensaxe ao seguinte enderezo electrónico: asonoro@consellodacultura.gal