Este fondo consta da seguinte documentación conservada en formato papel:
- Correspondencia dos anos 1996, 1998 e 2007
- Boletín "Irmáns" dos anos 1996, 1998, 2000, 2002 e 2006
Este fondo consta da seguinte documentación conservada en formato papel:
Este boletín societario foi creado no ano 1990 para difundir os propósitos da sociedade editora, a súa declaración de principios, actividades, etc. Tamén inclúe algún breve artigo sobre o Día das Letras Galegas, a cultura galega e personalidades galegas.
Números conservados en papel:
1990: n. 0 (8 páxinas)
1996: n. 6 (15 páxinas)
1998: n. 7 (7 páxinas)
2000: n. 8 (14 páxinas)
2002: xuño (34 páxinas)
2006 (38 páxinas)
A Secretaria, Gladys Raguet Orquín, e o Presidente, José Luis Sangiao Otero, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta en febreiro de 2007 ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta, facéndolle chegar un exemplar do anuario Irmáns de 2006.
Unión de asociaciones gallegas de la República ArgentinaEduardo García Chorén, do Subcomité de Cultura e Prensa, e José Martínez-Romero, Presidente, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta o 19 de novembro de 1996 ao Consello da Cultura Galega, facéndolle chegar un exemplar do boletín Irmáns.
Unión de asociaciones gallegas de la República ArgentinaO Secretario, Horacio Pegito Lobato, e o Presidente, Marcial Sánchez González, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta en decembro de 1998 ao Conselleiro da Cultura Galega, na que informan da nova constitución da xunta directiva e achegan un exemplar do boletín número 7 Irmáns adicado a Xosé Neira Vilas.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina