Estatutos do "Centro Gallego de Caracas" conservados en formato dixital:
- Estatutos aprobados o 25/07/1948 (19 páxinas)
Libro de Actas das reunións das Asembleas Xerais de socios que vai do 10 de decembro de 1932 ata o 31 de marzo de 1949
Sin títuloLibro de Actas das reunións das Asembleas Xerais de socios que vai do 28 de agosto de 1955 ata o 12 de marzo de 1959.
Sin títuloLibro de Actas para a creación dunha asociación dos socios máis novos da entidade, pero que seguirán formando parte da mesma. Recóllense as actas das primeiras reunións, do 29 de marzo de 1967 ata o 12 de abril dese mesmo ano.
Sin títuloLibro no que aparecen os nomes de todos os socios que asistiron as diversas reunións das Asembleas Xerais do 9 de abril de 1951 (continuación da reunión anterior do 4 de abril dese ano) ata o 23 de abril de 1965.
Sin títuloEstes primeiros estatutos sociais foron aprobados o 17 de maio de 1910. Ao longo da súa historia a sociedade foi reformando os seus estatutos.
Sin títuloPrograma das actividades organizadas pola entidade para celebrar o Entroido de 1956 con dous festivais amenizados polas orquestras Columbia e Bohemia os días 12 e 14 de febreiro. Ademais o día 19 de febreiro haberá un baile de piñata
e terá lugar o enterro da sardiña. Todo organizado para desfrute dos socios e socias.
Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de maio de 1956. O día 6 organiza un baile amenizado pola orquestra Costa Rica e un concurso de "Jotas e muiñeiras". E o día 26 celebra a Festa do Mantón, cun concurso para o mellor e máis bonito.
Sin títuloPrograma das actividades organizadas pola entidade para o mes de febreiro de 1957. Os días 3 e 17 celébrase un baile coa orquestra Columbia. O día 10 hai unha gran festa infantil. E o 24 hai unha gran velada gallega conmemorando o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, coa actuación da Coral do Centro "Anaquiños da Terra".
Sin títuloVelada a cargo da masa coral "Anaquiños da Terra" baixo a dirección de A. Abuín. A velada celébrase por petición dos asociados da entidade.
Sin títuloPrograma das actividades organizadas pola entidade para o mes de xuño de 1957 para celebrar as festividades de San Antonio e a noite de San Xoán.
Sin títuloInforma da Velada organizada pola Coral do centro "Anaquiños da Terra" en homenaxe ao seu director, Avelino Abuín de Tembra na que haberá unha representación teatral, a actuación da Coral "Cantos y Danzas de Galicia", xogos florais e un concurso de regueifas. A velada remata cun baile para todos os e as socias que queiran asistir. A homenaxe será o 25 de maio de 1958.
Sin títuloPrograma das actividades organizadas pola entidade para celebrar o Entroido de 1961, con bailes para os socios e as socias e as festas tradicionais como un concurso de disfraces, unha piñata ou o "Enterro da sardiña".
Sin títuloCarné de socio de Ramiro Vidal Carrera, fundador e socio número 1 de "Juventud de Galicia". Con fotografía.
Sin títuloLibro que recolle as dedicatorias e sinaturas dos persoeiros que visitaron á entidade (políticos, escritores, xornalistas, artistas, músicos ....). Podemos destacar entre outras moitas a visita de Manuel Lugrís Freire, Ramón Piñeiro, Alvaro Cunqueiro, Manuel María, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Rodrígues Lapa, Ricardo Carballo Calero, Carlos Casares etc.
Sin título