Regulamento do Panteón da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós" situado no Cemitero de Colón en A Habana, conservado en formato dixital no que consta os dereitos dos asociados para o seu uso. Regulamento aprobado pola Xunta Directiva en setembro de 1927 e que se mandou a todos os socios da entidade (1 páxina).
Tamén se publica a carta enviada co regulamento a todos os socios (1 páxina)
Libro de rexistro de socios da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital:
- Libro de rexistro nº 1 dende o 01/06/1913 ata o 03/1955 (168 páxinas)
1 listado dos asociados a 25 de maio de 1927 asinado polo secretario da entidade, Antonio Castro:
- 1 relación dos asociados da entidade emitida pola secretaría da entidade a efectos de contabilidade (1 documento mecanografado con dúas páxinas e asinado)
Libro de contabilidade da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital:
- Libro de caixa-tesourería, que abrangue dende o 18 de febreiro de 1965 ata o 31 de agosto de 1975 (26 follas)
3 recibos de pago de cotas dos socios da entidade
Untitled1 recibo do pago da cota trimestral como socio a nome de Alberto López Díaz
UntitledVarios PDF sobre o envío de remesas da sociedade "Progreso de Lanzós" á súa parroquia natal:
- Correspondencia enviada polos veciños da parroquia de Lanzós sobre a construción da estrada de Ramil.
- Relación dos contribuíntes na subscrición para arranxar o campo de San Pedro en Lanzós, promovida pola entidade habaneira.
Presuposto para realizar os traballos de arranxo da casa-escola "Progreso de Lanzós":
- Presuposto do construtor Antonio Peranas para realizar tarefas de mantemento do edificio da casa-escola de Lanzós (pintura, arranxo do tellado, cristais e corda do reloxio) (22 de maio de 1932) (1 páxina manuscrita e asinada)
Listado de contribuíntes á subscrición "Pro-embellecimiento del campo de San Pedro de Lanzós" auspiciada pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" (2 páxina mecanografadas) (ca. 1914)
UntitledEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato dixital e impreso:
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1921-1923)
Libro copiador das Actas das Xuntas Directivas e Xeral (1923-1927)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1928-1940)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1921-1923)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1928-1940)
11 cartas e 5 anexos
Conservada en formato papel e dixital:
Regulamento (1928) (orixinal)
Conservada en formato papel:
Regulamento (1941) (orixinal)
Regulamento (1984) (fotocopias)
Conservada en formato dixital:
Escritura de rexistro da propiedade do Panteón (1986)
Libro de rexistro de socios (1921-1929)
Libro de caixa (1924-1927), incompleto
Libro de caixa (1939)
1 recibo
3 modelos
11 fotografías
Acta de constitución da sociedade "Trives y su Comarca", conservada en formato dixital e impreso:
- Acta do día 12/06/1921 (2 páxinas)
Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Trives y su Comarca", conservados en formato dixital e impreso:
- Libro con 24 actas das reunións das Xuntas Directivas dende o 13/07/1921 ata o 28/04/1923 (27 páxinas)
- Libro copiador das 54 actas das Xuntas Directivas e Xeral, ordinarias e extraordinarias, dende o 29/12/1923 ata 21/12/1927 (38 páxinas)
- Libro coas actas 155 a 211 das reunións das Xuntas Directivas dende o 03/01/1928 ata 04/1965: dixitalizado ata o 19/12/1940 (137 páxinas)
Regulamentos da sociedade:
- Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 23/07/1928, conservada versión mecanografada en formato dixital e impreso e versión impresa en formato papel (orixinal).
- Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 29/12/1941, conservada versión impresa en formato papel (orixinal).
- Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 03/03/1984, conservada versión mecanografada en formato papel (fotocopias tamaño A3).
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
- Carta enviada o día 30/08/1942 polo Secretario da sociedade, Adolfo Pérez, ao Presidente do Comité Xestor de Axuda ás Democracias, confirmando á súa contribución económica na causa.
- Certificado do día 30/08/1942 conforme Juan Varela Grande, Presidente do "Centro Gallego", recibiu un donativo da sociedade para o Comité Xestor de Axuda ás Democracias.
- Carta enviada o día 15/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Presidente de "Unión Orensana", Arturo Pérez, para invitalo a unha función de cine.
- Carta e programa enviados o día 18/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Secretario Xeral do Centro de Divulgación Social, para invitalo á conferencia de Enrique López Alarcón do día 20/11/1944.
- Carta enviada en 1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para felicitalo polo número de delegados designados para a convención.
- Carta e manifesto enviados o día 30/07/1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para facerlle chegar o manifesto relativo á convención dos días 14-15/09/1945.
- Carta e programa enviados o día 29/06/1946 polo Presidente da Casa da Cultura na Habana, Pedro Cavia, ao Presidente da sociedade, relativos ao V Congreso Nacional da Casa da Cultura titulado "Unidad y lucha por la República Española".
- Circular enviada en xuño de 1946 relativa á celebración do Congreso por parte da Convención Nacional Democrática Pro República Española.
- Carta enviada en agosto de 1946 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, coa relación de delegados.