Publicación societaria editada polo Centro Galego de Bruselas.
Número conservado en formato papel:
2004: n. 15 (25º aniversario)
Centro Gallego de BruselasPublicación societaria editada polo Centro Galego de Bruselas.
Número conservado en formato papel:
2004: n. 15 (25º aniversario)
Centro Gallego de BruselasEsta revista societaria informa sobre as actividades e acontecementos internos do Centro Gallego de Partido General Sarmiento.
Números conservados en formato papel:
Esta revista trimestral foi editada polo Hospital Español de Mendoza, para informar das súas diversas actividades, así como dos beneficios sociais, as instalacións e os tratamentos que facilitan aos seus socios.
Número conservado en formato papel:
Esta revista foi editada anualmente pola Asociación Residentes de Mos de Bos Aires desde 1918. A publicación inclúe a memoria de actividades e o balance económico da sociedade, ademais de artigos de temática variada como noticias do seu concello natal; entrevistas, saúdos e visitas de autoridades galegas; descricións de actos organizados; artigos divulgativos; recompilación de artigos da prensa sobre a situación galega e as relacións de España con Arxentina; informacións de interese para emigrantes (axudas), noticias sociais, artigos culturais e colaboracións literarias.
Números conservados en papel:
Esta revista societaria foi creada para informar da vida da colectividade española na capital arxentina (páxina social: matrimonios, nacementos, defuncións, festas, etc.) e da vida societaria da entidade (actividades realizadas, movemento de socios, autoridades sociais, servizos médicos que ofrecen, balances económicos, etc.). Contan tamén con información sobre a política e lexislación migratoria española e arxentina, noticias culturais, textos literarios, biografías de persoeiros, etc.
Números conservados en microfilme e dixital:
Esta publicación societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das diversas actividades sociais, así como noticias sobre os seus integrantes máis destacados. Conta con seccións fixas como «Concurso literario», «Personajes importantes» (biografías de emigrantes españois que triunfaron en México), «Noticias de interés» (sobre a actualidade cultural), «Entretenimientos» ou «Deporte». Aparecen tamén artigos sobre cidades mexicanas, a súa cultura, etc.
Número conservado en formato papel:
1994: n. 2
Círculo Español de PueblaPublicación societaria editada pola Casa de Galicia de Montevideo.
Número conservado en formato papel:
[2007]
Casa de Galicia de MontevideoPublicación editada polo grupo xuvenil da Agrupación Breogán do Centro Gallego, que pretende achegar a cultura galega á segunda xeración de emigrantes. A súa temática é moi variada, pero todos os artigos teñen como eixe común a Galicia, abordando aspectos como a lingua, a heráldica, rutas turísticas, etc. Nun segundo lugar aparecen informacións relacionadas coa Agrupación Breogán e o Centro Gallego. Complétase a publicación con páxinas de pasatempos, críticas cinematográficas e colaboracións literarias.
Números conservados en papel:
1991: n. 1, 3
1992: n. 4