Amosando 1750 resultados

Rexistro de autoridade

Hermandad Gallega de La Habana

  • AE-CU-HGH
  • Entidade colectiva
  • 1940. Non existe na actualidade

Máis que unha sociedade propiamente dita é un partido ou facción existente dentro do Centro Gallego da Habana, cun ideario que poderiamos cualificar de esquerdas; o outro sector sería "Afirmación y Defensa", de dereitas e que gobernou durante moitos anos o Centro.
A "Hermandad Gallega" foi creada en 1939 por un grupo de socios do Centro Gallego disconformes do labor realizado polos seus dirixentes. A finais de 1939 comezan a editar o xornal "Loita", como voceiro das esquerdas representadas por este partido e no que publican as súas ideas para gobernar o Centro e toda a problemática existentes neses anos dende o seu punto de vista.

Hermandad Gallega de Valencia

  • AE-VEN-HGVa
  • Entidade colectiva
  • 1980-06-16 ata a actualidade

No ano 1979 un grupo de xogadores do equipo de fútbol Ourense reúnense en casa do señor M. Reinoso para conversar sobre a posibilidade de crear un lugar como "segunda casa" e que agrupara exclusivamente a galegos residentes en Venezuela.

As primeiras eleccións da "Hermandad Gallega de Valencia" celebráronse na súa segunda reunión e, como resultado, foi elixido Manuel Vázquez como Presidente e conformada a primeira Xunta Directiva. A partir de ahí adecuáronse un restaurante, unha sala de xogos de mesa, a oficina de pago e unha sala para reunións da Xunta Directiva, entón xa presidida por Francisco Rey.

Anos máis tarde decídese invertir nun novo terreo para así poder acoller a un maior número de socios. Dende entón a súa sede está ubicada ó final da Avenida Galicia.

O obxecto da asociación consta nos seus Estatutos: "Agrupar a Gallegos y simpatizantes de la cultura, costumbres y espíritu de Galicia, a los fines de fomentar entre sus miembros actividades culturales, artísticas, benéficas, recreativas, deportivas y sociales, así como el proporcionarles la oportunidad permanente de esparcimiento lícito que les facilite entre ellos nexos de unión, fraternidad y amistad".

Hermandad Gallega de Venezuela

  • AE-VEN-HGV
  • Entidade colectiva
  • 1960-10-12 ata a actualidade

A "Hermandad Gallega de Venezuela" creouse o 12 de outubro de 1960 tras a fusión das tres entidades galegas existentes en Caracas naquel momento, o "Centro Gallego" (1948), o "Lar Gallego" (1946) e a "Casa de Galicia" (1956), cun total de 800 socios fundacionais. A partir de 1962 esta sociedade experimentou un gran crecemento económico e social, coa compra do Banco Unión" e do antigo "Club Casablanca" en Maripérez donde queda instalada a súa sede.
Nos seus Estatutos recollen os obxectivos sociais:
a) Fins Culturais: fomentar, divulgar e defender o idioma e a cultura galegas, e os valores autóctonos de Galicia; promocionar a nosa cultura dentro de Venezuela e realizar intercambios culturais cos demais pobos iberoamericanos; crear centros de cultura, con especial dedicación a Galicia e Venezuela.
b) Fins Asistenciais: promover a creación de servicios médico-asistenciais, de previsión e axuda aos asociados galegos.
c) Fines Deportivo-recreativos: fomentar e desenvolver actividades deportivase e recreativas de carácter aficionado entre os asociados, promocionando a creación de agrupacións artísticas.
Na súa sede principal teñen instalados os servicios sociais e desenvolven a maior parte das súas actividades recreativas; no ano 1985 constrúen un novo edificio donde está instalada a biblioteca "Curros Enríquez" que conta cun fondo bibliográfico de 20.000 volumes.
Entre as moitas actividades de carácter cultural emiten un programa de radio dominical "Sempre en Galiza" de gran difusión en Venezuela e manteñen económicamente o Colexio "Castelao", fundado o 28 de xaneiro de 1965. Editan o boletín informativo "Irmandade" e, dende 1971 a 1976 publicaron a "Revista da Hermandad Gallega de Venezuela", con noticias sobre as actividades societarias, e dende novembro de 1987 editan a revista informativa "Punto de Unión".
Teñen tamén un hospital donde prestan servicios sanitarios asistenciais aos seus socios.
No ano 1992, ante a crise económica e para facer fronte ás débedas convirten a institución nunha "sociedad por accións".

Hijas de Galicia

  • AE-CU-HGal
  • Entidade colectiva
  • 1912-06-16. Non existe na actualidade

Esta sociedade ten como precedente a entidade "Solidaridad Pontevedresa", creada o 16 de xuño de 1912 por un grupo de pontevedreses comandados por José Berridy, Ramiro García, Emilio Abal, José Méndez, Justo Calvo, Juan Casal, Rufino Meis, Manuel Vicente Otero, Francisco Carracedo, Benito Rey Doce, Adolfo Méndez, José Pensado, Ignacio Vila, Gumersindo Piay, y Manuel Vidal.
O 11 de xaneiro de 1914, baixo a presidencia de Rodríguez Bautista, avogan pola creación dun Sanatorio para as mulleres galegas, residentes en Cuba, debido ao crecente número de emigrantes galegas solteiras ou soas que no primeiro tercio do século XX estaban arribando á illa, e que non existía ningunha entidade que prestase estes servizos. A esta idea prestaron o seu apoio os socios Albino Matalobos, Rufino Meis, Ramiro García, Jesús de la Fuente e Manuel Vicente, que conseguiron que o 6 de agosto de 1915 se asinara un contrato co doutor Ferrán, propietario do "Sanatorio Cuba", por medio do cal se comprometía a atender e asistir ás asociadas.
A sociedade entra nuns anos de estancamento, nos que non se celebran as eleccións por falta de interese dos socios; ata que o 18 de xaneiro de 1917, reúnense na Xunta Xeral cincoenta socios e acordan reformar os Estatutos, cambiar o nome da Sociedade e elexir unha nova Xunta Directiva. Pasa a denominarse "Hijas de Galicia" e centran as súas actividades en protexer e a dar asistencia sanitaria ás emigrantes galegas.
A primeira Directiva tras a súa refundación estaba integrada por: Avelino Pérez Vilanova, presidente; Manuel Vicente Otero, vicepresidente; Manuel Táboas, tesoureiro; Julián Graña, vicetesoureiro; Ramiro García, secretario-contador; José Méndez Parada, presidente de la Comisión de Sanidad;y vocales: Rufino Meis, Emilio Abal, Benito Rey Doce, José Berridy, Gumersindo Piay, Antonio Fernández, Perfecto Porto, José Saborido, Albino Matalobos, Manuel Iglesias, Manuel Otero Cores, Amado Vila, Constantino Insúa, Miguel Fernández, Gumersindo Rey e Nuño Blanco. Nas eleccións de 22 de decembro de 1919 entran a formar parte do goberno da Sociedade as mulleres, participando directamente nas responsabilidades da administración, estabelecendo o cargo de vicepresidenta que é ocupado por primeira vez pola señora Andrea López, viuda de Ares, á que acompañan como vocais: Gloria Díaz, Isabel Queralto, María Teresa Queralto, Josefa del Río, María Monteirín, Catalina Miranda, Josefa Piedra e Carlota González.
De 1920 a 1924 a sociedade adquire grande importancia, aumentando a diario o número de asociadas. Coa ampliación dos servizos acaban mercando en 1924 unha clínica que funcionará como sanatorio da entidade en exclusiva, baixo o nome de "Concepción Arenal". Esta clínica será engrandecida coa construción de varios pavillóns segundo as crecentes necesidades e en 1937 constrúen un Balneario para ofertar aos socios, baños de mar e descanso, como medida terapéutica.

Hijos centro cultural Neira de Jusá

  • AE-AR-HNei
  • Entidade colectiva
  • 1932 ata 1943, ano no que se integra no Centro Lucense de Bos Aires.

Esta asociación recreativa e cultural foi fundada en 1932 por un grupo de emigrantes galegos naturais do concello lucense de Baralla, que ata o ano 1970 tiña esta denominación. Desaparece en 1942 integrado no Centro Lucense de Bos Aires.

Hijos de Arantey

  • AE-AR-SocAra
  • Entidade colectiva
  • 1952-12-13 ata 1990, ano no que se fusiona co Centro Villamarín Perojano, dando lugar a unha nova entidade chamada "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa"

Esta sociedade foi fundada por un grupo de emigrantes naturais da parroquia de San Pedro de Arantei (Salvaterra de Miño, Pontevedra) residentes en Bos Aires.
Entre os seus fundadores pódese citar a Domingo Estévez Núñez, primeiro presidente da entidade, Antonio Núñez Saa, Manuel Peña Troncoso, Antonio Domínguez Sestelo, Diego Núñez Castro, Amadeo Valije Castro, Jose Peña Troncoso e Santos Raimundo Besada, entre outros.
A súa finalidade principal foi claramente cultural e recreativa.
En 1990 apróbase en asemblea xeral a súa unión co "Centro Villamarín Perojano".

Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa

  • AE-AR-HAraVP
  • Entidade colectiva
  • 1990-06-13 ata a actualidade.

Esta sociedade é froito da fusión das sociedades "Hijos de Arantey en Buenos Aires", fundada en 1952, e o "Centro Villamarín Perojano", creado en 1940.
Esta sociedade ten obxectivos mutuais, culturais e recreativos. Una das súas finalidades, recollidas nos estatutos, é o desenvolvemento da cultura galega a través da divulgación das súas tradicións e o folclore.
A directiva fundacional estaba formada polos seguintes membros: presidente, Alfredo Carlos Peña; vicepresidente, José Díaz; secretario, José Fernández; prosecretario, Adelino Viloria; tesoureiro, Manuel González; protesoureiro, Jesús Alvarez; secretario de actas, Francisco Fontaiña e vogais: José Blanco, Angel Souto, Arturo Blanco e José Sestelo.
Organiza actividades culturais como a organización de cursos de gaita e percusión, cursos de computación, debuxo etc. e actividades recreativas coa celebración de festas de camaradería, as festas patronais de San Roque, ou o Día de Galicia.

Resultados 901 a 920 de 1750