Showing 538 results

Authority record
Corporate body

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

  • Corporate body
  • 1913-10-26 - 1976 Actualmente denomínase "Tuy-Salceda. Asociación mutua, cultural y recreativa"

A fundación deste Centro xurdiu por iniciativa de Joaquín Fernández Sestelo, farmacéutico de Salceda e loitador anticaciquil que funda o decenario "El Despertar", desde cuxas páxinas aboga pola formación de sociedades agrarias no seu distrito; foi desterrado pola súa actividade política e marchou cara Arxentina. Esta entidade foi creada por un grupo de emigrantes naturais desta comarca, entre os que destaca Constantino Gil, primeiro presidente, co obxecto de cooperar coa labor iniciada por este home, e dende marzo de 1917 editan "La Voz del Centro", para continuar coa campaña agrarista por éste emprendida; esta revista continúa co título de "El Agario" ata o 15 de marzo de 1926. Segundo recollen os seus Estatutos: "Os residentes das parroquias de Entienza, Salceda, San Jorge, Picoña, Parderrubias, Soutelo e Budiño, que compoñen o concello de Salceda de Caselas, reunidos en Asamblea Xeneral constituínte o día 26 de outubro de 1913, declaran que queda constituída unha asociación denominada "Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda" con asiento en Buenos Aires, capital da República Argentina. Os seus fins son: axuda mutua aos seus asociados; fomentar o espíritu de unión entre os seus asociados por medio de actos recreativos, que serán organizados por medio da comisión directiva ou outras obras benéficas que a mesma decida. Nos anos 20 e 30 envían numerosas doazóns económicas ao seu concello natal destinados á propaganda agraria e galeguista. En 1976 aproban a súa fusión coas sociedades de emigrantes "Casa de Tuy", e coas asociacións de Chantada, Caldelas e Becerreá, formando a "Asociación Tuy-Salceda".

Grupos de Mulleres da Universidade

  • Corporate body
  • 1983-2002
  • Ámbito de actuación: Universidade de Santiago de Compostela
  • No ano 1983 créanse os primeiros grupos na Facultade de Psicoloxía e pronto se sumaron os de Medicina e Bioloxía. No ano 1984 súmanse os grupos das Facultades de Filoloxía, Dereito, Económicas e Historia. En 1990 diminúe considerablemente o número de militantes polo que tomaron a decisión de formar un único grupo para toda a Universidade.
  • Obxectivos:
  • Dar resposta ás actitudes e expresións sexistas, androcéntricas e patriarcais reproducidas por parte do profesorado e do alumnado
  • Difusión do pensamento feminista e as súas alternativas
  • Revisar os contidos académicos desde olladas feministas
  • Difusión e información sobre sexualidade, anticoncepción e saúde física e mental
  • Organización de debates, charlas, xornadas, recitais, mitins, exposicións, ciclos de cine, mesas redondas, manifestacións, concentracións, cursos de autodefensa, festas

MILITANTES:
A militancia se compón de alumnas independentes doutras organizacións e tamén de militantes nos Comités Abertos de Facultade

  • No curso 1997-1998 non teñen actividade. A retoman no curso seguinte e cesan definitivamente en 2002

ÁMBITO XEOGRÁFICO: Galego
ENDEREZO POSTAL: A partir de 1989, establecen como sede habitual de reunións o local de alumnado da Facultade de Xeografía e Historia. Con anterioridade non contaban con local estable.

ENTIDADES COLABORADORAS:

Universidade de Santiago de Compostela
Concello de Santiago de Compostela
Centro de Recursos para Estudantes Man Común
Centro Xove de Anticoncepción e Sexualidade
Concello de Santiago de Compostela
Xunta de Galicia
Ministerio de Asuntos Sociais

VÍNCULOS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS

Asociación Galega da Muller
Colectivo de Mulleres Ensinantes do Rosa ao Violeta
Comités Abertos de Facultade
Colectivo antimilitarista Rompamfilas
Asemblea de Mozas de Galiza Nova
Colectivo de Estudantes Antimilitaristas
Estudantes Solidarios
MURGA

Integrada en:
Coordinadora Feminista Galega
Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español

Results 521 to 538 of 538