Unidade documental simple 01 - Correspondencia enviada

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocVed-03-01-02-01

Título

Correspondencia enviada

Data(s)

  • 1939-1954 (Creación)

Nivel de descrición

Unidade documental simple

Extensión e medio

32 páxinas de correspondencia (fotocopias) da Sociedad Agrícola Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires
Papel co membrete da entidade Sociedad Agrícola Cultural y Recreativa del Municipio de Vedra en Buenos Aires (orixinal)

Área de contexto

Nome do creador

(1910-10-01 ata a actualidade.)

Historia administrativa

En 1910 un grupo de conveciños de Vedra, residentes en Buenos Aires, teñen a iniciativa de formar unha entidade que agrupara no seu seo aos conveciños das doce parroquias que compoñen o seu concello natal, coa finalidade de "apoiar moral e materialmente os esforzos dos homes que no lonxano terruño loitaban por emanciparse do prepotente caciquismo reinante".
A reunión tivo lugar na casa dun dos seus máis entusiastas propulsores, Manuel Fernández Castelao, apoiado por José Collazo (primeiro presidente da sociedade), José Cepeda, Manuel Pereiras, Manuel Fernández, José Estévez, Andrés Mosquera, Clemente Fandiño e Andrés López.
O lema desta sociedade agraria, instrutiva e cultural foi "Unión, Protección e Apoio ao Progreso".
Por iniciativa dos socios, a Comisión Directiva resolveu nunha reunión do 13 de outubro de 1911, mercar un terreo na parroquia de Vedra para levantar unha Casa Social, remitindo aos veciños a suma de 600 pesetas para adquirir o solar. Xa estabelecida a sociedade matriz en Vedra, colaboran activamente co sindicato agrario de Vedra, enviando cartos para a compra de abonos, semillas, prantas, sulfatos, azufres e doazóns destinadas a premios para os escolares das parroquias para lograr "o estímulo e elevación cultural del labriego unas veces y para contribuir a mitigar necesidades materiales y humanitarias otras".
En novembro de 1919 comezan unha subscrición para a edificación das pontes de Bazar e Pedreta na parroquia de San Andrés de Trobe e en agosto de 1926, celebran un festival a total beneficio da construción dunha casa-escola en Trobe. Ademais colaboran na construción de varios edificios escolares nas parroquias de San Pedro de Sarandón, Ponte Ulla e San Miguel.
Leva a cabo tamén un importante labor asistencial, dando axudas económicas aos socios, facilitando pasaxes para emigrar sin pago de intereses e tamén para a repatriación en caso de enfermidade.
Polo seu devir como entidade houbo disensións que provocaron o desmembramento da sociedade por parte de grupos de socios naturais dunha determinada parroquia ou tamén de grupos de socios descontentos como os que crearon o "Comité Auxiliar de Agricultores de Vedra" ou posteriormente a "Mutua y Auxiliar de Agricultores de Vedra".

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Cartas enviadas pola Sociedad Agrícola Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires a:

  • Jesús Tallón, socio (2 de maio de 1939)
  • José López Tarrio, socio (9 de agosto de 1939)
  • José María Cepeda (novembro de 1939)
  • Manuel Brea, socio (novembro de 1939)
  • Manuel Noenlle (maio de 1940)
  • Presidente da Casa de Galicia (maio de 1940)
  • José María Cepeda (maio de 1940)
  • Ramiro Álvarez, revisor de contas (11 de maio de 1940)
  • Presidente do Centro Gallego de Bos Aires (11 de maio de 1940)
  • Manuel Souza Suárez, socio (11 de maio de 1940)
  • Manuel Requeijo, socio (7 de xuño de 1940)
  • Presidente da Casa de Galicia (18 de xaneiro de 1941)
  • Presidente do Banco Hipotecario Nacional, Enrique S. Pérez (26 de novembro de 1941)
  • Secretario de Trabajo y Previsión Social, Coronel Juán Perón (21 de xaneiro de 1944)
  • Secretario da Sociedad A. "Alborada" (12 de xullo de 1944)
  • Presidente do Banco Hipotecario Nacional, Enrique S. Pérez (12 de xullo 1944)
  • Presidente da "Casa de Galicia" (12 de xullo 1944)
  • Presidente do Centro Gallego de Buenos Aires (12 de xullo 1944)
  • Presidente da Sociedad del Partido Judicial de Padrón en Buenos Aires (12 de xullo 1944)
  • Secretario General da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina (12 de xullo 1944)
  • Sociedad A. "Alborada" (28 de setembro de 1944)
  • José Martínez, socio (28 de setembro de 1944)
  • Secretario da Federación de Sociedades Gallegas (28 de setembro de 1944)
  • Avelino Santos Barral, socio (28 de setembro de 1944)
  • Jesús Carbia Valdés, socio (3 de outubro de 1944)
  • Luciano Silva, socio (3 de outubro de 1944)
  • Manuel Mojo, conveciño (14 de novembro de 1944)
  • Manuel Núñez, conveciño (14 de novembro de 1944)
  • Secretario da Federación de Sociedades Gallegas (2 de xuño de 1945)
  • José Ledo (18 de xuño de 1949)
  • Secretario General da Federación de Sociedades Gallegas (31 de xullo de 1951)
  • Presidente del Centro Republicano Español (18 de agosto de 1954)

Papel co membrete da entidade Sociedad Agrícola Cultural y Recreativa del Municipio de Vedra en Buenos Aires.

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala a todos os investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a reprodución dixital e reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia entidade

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso