España

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos equivalentes

España

Termos asociados

España

91 Descrición arquivística resultados para España

Só resultados directamente relacionados

Revista Cultural

Esta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 1

Centro cultural español de Medellín

Revista oficial del Círculo español de Puebla

Esta publicación societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das diversas actividades sociais, así como noticias sobre os seus integrantes máis destacados. Conta con seccións fixas como «Concurso literario», «Personajes importantes» (biografías de emigrantes españois que triunfaron en México), «Noticias de interés» (sobre a actualidade cultural), «Entretenimientos» ou «Deporte». Aparecen tamén artigos sobre cidades mexicanas, a súa cultura, etc.

Número conservado en formato papel:

1994: n. 2

Círculo Español de Puebla

Sociedad Española de Cochabamba : Boletín Informativo

Este boletín informativo está editado pola Sociedad Española de Cochabamba para informar aos españois residentes en Bolivia das actividades da entidade e da política española en relación cos españois que viven alén das nosas fronteiras, visitas de persoeiros españois, datos históricos da cooperación española, etc.

Número conservado en formato papel:

2000: n. 3

Sociedad española de Cochabamba

Sociedade espanhola de beneficência Hospital Espanhol de Rio de Janeiro

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Revista "Informe do Hospital Espanhol : Órgâo oficial da Sociedade Espanhola de Beneficência"
"Revista do Hospital Espanhol"
Memoria do ano 1993
Memoria "Sociedade Espanhola de Beneficência : 150 anos de história"

Sociedade espanhola de beneficência Hospital Espanhol de Rio de Janeiro

Sociedade hispano brasileira de socorros mútuos, instruçâo e recreio

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Libro "Historia de la Sociedad Hispano-brasileira de Socorros Mútuos Instruçâo e Recreio" de Marcelino Merchán (1993)
Xornal "Alborada : Periódico de la Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos, Instruçâo e Recreio"

Sociedade hispano brasileira de socorros mútuos, instruçâo e recreio

Tempo Galego : Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Esta xornal editado pola Secretaria xeral da Federación Mundial de Sociedades Galegas trata non só dos temas da entidade editora senón tamén de diversos aspectos da cultura galega tanto en Galicia como fóra de Galicia, cunha temática diversa como política, emigración, galeguidade, educación, etc. Ten seccións fixas como «Entre col e col» de Plácido Lizancos Santos ou «Temas Gallegos» por Juan Naya Pérez, «Micronoticias dos nosos», etc.

Números conservados en formato papel:

1982: n. 1-3
1984: n. 5-7
1985: n. 8

Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Treboada : Revista do Centro Galego de Barcelona

Esta revista societaria pretende difundir «calquer idea que teña que ver cos nosos temas, co amor á terra e á galeguidade [...] A revista do Centro Galego tenta servir a os socios, a os galegos en Catalunya, a galeguidade en xeral, e a nosa Terra». Ten a finalidade de informar sobre os aspectos societarios e de actualidade da colectividade galega en Barcelona («Galegos en Catalunya», «A directiva informa», «Masa coral», etc.). Na publicación tamén aprecen tratados temas galegos en xeral como literatura, lingua, cultura, política, historia, emigración, etc. («Galegos universais», «Gramática Galega», etc.).

Números conservados en formato papel:

1984: n. 12-14

Centro Gallego de Barcelona

Unibero : Boletim Informativo

Este boletín informativo está editado para informar aos alumnos dos cursos aos que poden matricularse e da organización dunha viaxe cultural e educativa a España; ademais comenta as diversas actividades do Departamento de Español da IBERO, artigos sobre temas de interese para os seus estudiantes, entrevistas a profesores sobre as súas investigacións, traballos literarios, etc.

Números conservados en formato papel:

1998: n. 41, 43, 45, 45 (n. especial)

Centro hispano-brasileiro de cultura

Resultados 81 a 91 de 91