Fondo AE-AR-HAPe - Hijos del ayuntamiento de la Peroja y su distrito

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-HAPe

Título

Hijos del ayuntamiento de la Peroja y su distrito

Data(s)

  • 1919-12-28 - 1940 (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

1 rollo de microfilme e 3 PDF con actas

Área de contexto

Nome do creador

(1919-12-28 ata 1940, ano no que se fusiona co "Centro Villamarín", constituíndo unha nova entidade baixo o nome de "Centro Villamarín - Perojano")

Historia administrativa

Esta entidade foi creada polos emigrantes naturais do concello ourensán da Peroxa residentes en Bos Aires. Entre os seus fins destaca a fundación dunha escola laica na Peroxa "para que reciban democrática instrucción los hijos de nuestros hermanos", axudar na protección aos recén chegados e dar cobertura e axuda económica aos socios necesitados.
A súa directiva fundacional estaba constituída polos seguintes membros: presidente, Antonio Montouto; vicepresidente, Isabelino Varela; secretario, Delfín Vázquez; prosecretario, Francisco Rodríguez; tesoureiro, Camilo Moure; protesoureiro, Enrique Fernández; contador, Manuel R. López; subcontadores, Frnacisco Rodríguez e 6 vogais.
En 1922 organiza un gran festival artístico e un baile familiar a beneficio da esola laica que desexan fundar na Peroxa pero da que non temos noticias sobre a súa creación.
En 1928 mandan unha doazón de 1.000 pesos para a continuación dunha estrada no seu concello natal.
En 1940, os socios aproban en asemblea xeral a fusión deste centro co "Centro Villamarín", formando unha nova entidade chamada "Centro Villamarín-Perojano".

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme e dixital:

Libro de Actas das Reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios da sociedade dos anos:

  • 1919-1925 (191 páxinas)
  • 1925-1931 (167 páxinas)

Libro de Actas das Reunións da Comisión Directiva da sociedade dos anos:

  • 1931-1934 (pp. 198-384 páxinas)

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Os documentos microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 28/03/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso