1 carta enviada ao Presidente do Centro Betanzos, Juan Suárez, por Castelao, en agradecemento polo seu nomeamento como Presidente Honorario da institución.
2 cartas enviadas polo Presidente da Federación de Sociedades gallegas, Leonardo Varela Suárez, ao Vicepresidente do Parlamento Galego, Antonio Carro Fernández-Valmaior por mor dunha visita.
Carta do presidente do Centro Arzuano Mellidense, Manuel Quiroga, ao Consello da Cultura Galega que adxunta contestación á enquisa sobre a actividade cultural da entidade.
O Presidente do Círculo Social Valle Miñor, Roberto Hermida Mallo, envía unha carta ao Consello da Cultura Galega en resposta á súa petición de información co fin de confeccionar un censo cultural galego.
Coa carta adxuntan a seguinte documentación:
Enquisa da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas (Xunta de Galicia, 1991)
Estatuto social (1990)
Memoria anual (1989)
3 números do Boletín informativo "Xuntos": n. 10-12 (1990)
Correspondencia de Hijos del Ayuntamiento de Boiro con diversos particulares e asociacións: Centro Gallego de Buenos Aires, Banco Español del Río de la Plata, Servicio de Lunch Los 4 amigos, Federación de Sociedades Galegas de la República Argentina, Audición Hispano-Argentina y Centro Musical (Celta), Recreo "El Globo", Jesús Seijo, Cooperativa Alborada, etc.
Correspondencia enviada polo "Consello de Galiza" en Bos Aires a diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).
Con motivo do seu 75º aniversario, a sociedade "Centro gallego de Santa Fé" edita un políptico conmemorativo e un programa de actividades. O folleto se conserva en formato papel e dixital.