Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira": tomas de posesión, actos, comidas, etc., conservadas en formato dixital.
Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido": tomas de posesión, escolas, panteóns, actos, comidas, etc., conservadas en formato dixital.
Fotografías da sociedade "Vivero y su comarca", conservadas en formato dixital, de entregas de diplomas, banquetes, reunións da sección de propaganda e da comisión de damas, así como:
Fotografías da Billetería "El Nacional", de Méndez y Cía., en San Rafael y Belascoin
Fotografía da Compañía Tabacalera Mundial, cuxo propietario era Daniel Blanco Cabarcos
Fotografías de diversas actividades desenvolvidas pola "Sociedad Cultural y Artística Rosalía de Castro": baile galego, obras de teatro, discursos, entrega de diplomas, mesas redondas, etc., conservadas en formato dixital.
Fotografía realizada durante unha reunión da sociedade nos anos 1940 e fotografía do Presidente, Eladio Vázquez Nieto, tomada nos anos 1990, conservadas en formato dixital.
El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo
Fotografía tomada dunha postal que reproduce a fachada da Escola de Piñeiro da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", inaugurada o 19/03/1928, conservada en formato dixital.
Folletos publicitarios e convites sobre presentacións de libros, conservados en formato papel:
Folla voandeira (95 x 214 mm): Convite á presentación do libro "Sueños y secretos de una saga" o 17/06/2006.
Díptico (96 x 213 mm): Convite á presentación do libro "O estado e a política en tempos de globalización" o 17/11/2006.
Díptico (100 x 213 mm): Convite á presentación do libro "Coloquio-homenaxe a Xosé Lois García" o 10/02/2007.
Políptico (210 x 210 mm): Publicidade da publicación en 2008 do libro "Máis que nós, ninguén" con motivo do 115º centenario do Centro Galego de Barcelona, co texto en galego, castelán e catalán.
Publicacións sobre o 1º Congreso Mundial de Casas Regionales y Centros Españoles, organizado pola "Federación española de casas regionales y provinciales" e celebrado en Salamanca os días 9 a 11 de setembro de 1988, conservados en formato papel:
Programa (19 páxinas)
Proxecto de Ponencias (78 páxinas)
Federación española de casas regionales y provinciales
Folletos do "Centro Gallego de Barcelona" sobre actuacións teatrais, conservados en formato papel:
1 díptico (214 x 150 mm): A agrupación teatral Valle-Inclán representa "Una noche de primavera sin sueño" de E. Jardiel Poncela o día 20/12/1975.
1 cartaz (tamaño A4): Un grupo do centro representa a comedia "O menciñeiro á forza" de Moliére, traducida por Xosé Manuel Carballo e dirixida por Franciso A. Ferrio, o día 12/05/1975.
1 tríptico (215 x 104 mm): Un grupo do centro representa a obra "Una cigüeña bromista" de Andre Roussin dirixida por Francisco A. Ferrio, o día 12/03/1977.
1 díptico (214 x 150 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Nin me abandonarás nunca" de José G. Posada Curros e Luís de Gálvez, traducida ao galego por Xosé Luis Méndez Ferrín, o día 21/06/1992.
1 díptico (214 x 150 mm): Felicitación de Nadal da Presidenta do Centro Galego de Barcelona na que inclúe o convite a unha cea, e as actuacións previstas para o día 19/12/1993 do grupo de teatro e o coro Lonxe da Terra.
1 tríptico (215 x 103 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Os cravos de prata" de Nicolás Bela na súa versión galega de Francisco Pillado Mayor o día 18/01/1997.
1 díptico (210 x 105 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "O enfermo imaxinario" de Moliére, traducida por Manuel Guede, baixo a dirección de Francisco A. Ferrio, o día 29/11/1997.
1 tríptico (215 x 103 mm): O Centro organiza a representación de "Usted puede ser un asesino" de Alfonso Paso.
1 folla voandeira (98 x 214 mm): Convite aos dous pases da representación da comedia galega "Bicos con lingua" os días 11 e 12 de febreiro de 2005.
Folletos sobre a exposición de pintura organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada na Galería Losada de Montevideo entre o 15 e o 29 de xullo de 1974, con motivo do 10º aniversario social.