Amosando 36 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Cultura galega
Previsualización da impresión Ver:

Folleto do I Concurso de folclore galego

Folleto co programa de actividades con motivo do "I Concurso de folklóre galego" organizado pola sociedade "Promoción de la Cultura Gallega", conservado en formato papel.

Promoción de la Cultura Gallega

Folleto de "O fidalgo"

Folleto sobre a representación teatral "O fidalgo" organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada na Sala Valle Inclán do Centro Gallego de Montevideo o día 17 de xuño de 1989 baixo o auspicio da "Unión de Sociedades Gallegas".

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto de "Eisposición de dibuxos e grabados de estampa popular galega"

Folleto sobre a exposición de debuxo e grabado de estampa popular galega organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no marco das "XV Xornadas de Cultura Galega" e celebrada entre o 25 de xullo e o 5 de agosto de 1970.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto da xornada "Inquedanzas"

Folleto sobre a xornada "Inquedanzas" en prol da presencia da cultura galega no futuro organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada en 1995.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto da festa dos maios

Folleto sobre a festa dos maios organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada en novembro de 1994.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Convites a conferencias co gallo do Día das Letras

Convites a conferencias organizadas pola Federación de entidades culturais galegas de Catalunya co gallo do Día das Letras, conservados en formato papel:

  • Xosé Ramón Barreiro Fernández: "A Real Academia Galega : pasado, presente e futuro" (12/05/2007)
  • Xosé María Álvarez Cáccamo: "Xosé María Álvarez Blázquez. A terra, os libros, a poesía" (10/05/2008)
  • Carlos Sixirei Paredes: "Reflexión a partir da figura de Uxío Novoneira" (28/05/2010)

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya

Comunicacións presentadas ao VI Pleno do Consello de Comunidades Galegas

4 comunicacións presentadas ao VI Pleno do Consello de Comunidades Galegas:

  • Acción social. Especial atención a terceira idade (2 páxinas)
  • Acción cultural e novas comunicacións na Galicia universal (2 páxinas)
  • Participación da Galicia exterior na política de Galicia (4 páxinas)
  • Xuventude (1 páxina)

Centro Betanzos

Boletín de Información : Padroado da Cultura Galega de México

Este boletín societario ten un marcado carácter político de orientación nacionalista, reivindicando a autodeterminación para Galicia; recolle nas súas páxinas as actividades que neste sentido se desenvolven na emigración.

Números conservados en formato papel:

1966: n. I
1967: n. II-III

Padroado da cultura galega en México

Biografía de Domingo Maza Calvo

Artigo dedicado a Domingo Maza Calvo (pp. 1274-1277) da monografía de Alberto Vilanova Rodríguez: "Los Gallegos en la Argentina. Buenos Aires: Galicia, 1966. Vol. II". Este escultor galego realizou un busto de Castelao por encargo desta entidade.

Centro Betanzos

Bases do concurso infantil de redacción

Bases do concurso infantil de redacción organizado polo Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, conservadas en formato papel:

  • Tríptico coas bases do concurso de 1989, adicado a Celso Emilio Ferreiro (214 x 100 mm)
  • Díptico coas bases do concurso de 1994, adicado a Luis Seoane (215 x 151 mm)

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Arianrhod : Revista del Centro Gallego de Madrid

Esta revista foi creada en 2001 polo Centro Gallego de Madrid coa finalidade de «invitar a socios y no socios, gallegos y no gallegos, y, en definitiva, a todas aquellas personas que tienen alguna relación con Galicia a que conozcan ésta más a fondo; que participen de sus costumbres, ritos y fiestas; que se entusiasmen con su música y folklore y sobre todo, que participen activamente de todo ello a través de nuestra revista».

Números conservados en formato papel:

2001: n. 1-2

Centro Gallego de Madrid

Resultados 21 a 36 de 36