Print preview Close

Showing 204 results

Archival description
Galicia Subseries Centros Galegos
Print preview View:

Aires da Terra

Revista societaria que comeza a súa andadura en maio de 1961 coa intención de publicarse de maneira mensual e centrada no acervo cultural e histórico de Galicia.

Números conservados en formato dixital e papel (fotocopias):

1961: n. 1

Hermandad Gallega de Venezuela

Boletín Informativo da Agrupación Galaica : Órgao de difusión mensual da Agrupación Galaica da Irmandade Galega de Venezuela

Este boletín foi creado pola Agrupación Galaica, o sector máis nacionalista dentro dos diversos grupos que integran a Hermandad Gallega de Venezuela, para informar sobre as actividades, programas e opinións deste grupo. Complementa esta información con diversas achegas sobre a cultura galega, principalmente notas biográficas de galegos ilustres.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 1 (marzal), abril/maio
1989: abril/maio

Hermandad Gallega de Venezuela

Aires da miña terra

Esta revista societaria esta editada para informar aos socios da Sociedade Terra de Celanova e Baixa Limia, A.C., das actividades organizadas e «...saldrá por los caminos de Venezuela todas aquellas facetas que constituyan el acervo cultural e histórico de las Terras de Celanova e Baixa Limia».

Números conservados en formato papel:

2002: n. 1-2
2003: n. 3-4
2004: n. 5-6
2005: n. 7-8
2006: n. 9-10
2007: n. 11-12
2008: n. 13-14
2009: n. 15
2010: n. 18

Terras de Celanova e Baixa Limia A.C.

Centro Benéfico Social Hijos del Partido de la Estrada

Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.

Número conservado en formato papel:

1981: 22º aniversario

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

El Orensano

Publicación do "Centro Unión Orensana de La Habana" xurdida no ano 2010 para recoller anualmente a memoria e balance económico do exercicio anterior.

Número conservado en formato papel:

  • 2010: n. 1

Centro Unión Orensana de La Habana

Diáspora : revista da Federación de Sociedades Galegas na Suíza

Esta revista societaria foi editada para informar da situación da colectividade galega e particularmente das entidades federadas (historia, actividades, congresos, etc.). Conceden unha especial atención aos temas de Galicia, así o primeiro número está dedicado a Eduardo Blanco Amor, mentres que o número dous contén diversos artigos sobre a emigración reproducidos de «A Nosa Terra». Outros traballos versan sobre a situación da lingua galega, o sindicalismo, a crise laboral en Suíza, as pensións para os emigrantes, etc. Completan a publicación páxinas de pasatempos.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1 (fotocopias)
1997: n. 2
1999: n. 3
2004: n. 4
2005: n. 5
2006: n. 6

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Vida gallega : órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Esta publicación foi o voceiro da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia desde 1938 e ata 1954, e estivo dirixido por Antonio do Campo de la Fuente. Podemos encadrala como prensa societaria onde se describen as actividades da institución patrocinadora, completadas con diversos artigos sobre a historia, literatura e cultura galegas. Moitos deses artigos estiveron asinados por destacados literatos como María Pérez Gago, Antonio Rey, Ramón Fernández Mato, Rosalía de Castro, Manuel Carmona, Francisco Marcos Raña, Josefina Camaño, Ramón M.ª del Valle-Inclán, E. Fernández Arrondo, José Rubianes, José Ramón Suárez Castiello, Ramón Marcote Miñarzo (Marco Aurelio), José López Pérez, Mouriño ou A. do Campo.

Números conservados en formato papel:

1938: n. 7 (extraordinario)
1939: n. 20 (extraordinario)
1940: n. 32 (extraordinario)
1941: n. 37/38 (extraordinario), n. 41 (extraordinario)
1942: n. 47, 49 (extraordinario)
1943: n. 59/61 (extraordinario)
1944: [s.n.] (extraordinario)
1945: n. 74/75 (extraordinario, supl.)

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Boletín de la Asamblea de Apoderados del Centro Gallego de la Habana

Este boletín informativo aparece por primeira vez no ano 1915 na Habana editado polo Centro Gallego. Nesta publicación recóllense as actas e debates da Asamblea de Apoderados, máximo órgano directivo do Centro Gallego.

Número conservado en formato papel (fotocopias) e en formato dixital:

1960: 7 de outubro

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Chispa : Revista Federal

Esta publicación societaria está editada para informar das actividades da entidade editora e das sociedades que integran dita asociación, ante a colectividade española residente en Suíza tal e como destacan na súa editorial «CHISPA se ocupará de todo aquello que tiene algo que ver con nuestra vida de españoles emigrados; unas veces para presentar sus programas, inquietudes y posiciones propias, otras veces, para recoger todo aquello que viniendo de fuera, tiene relación con el mundo ATEES».

Números conservados en formato papel:

1983: n. 1
1995: novembro/decembro (fotocopias)

Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza

A nosa voz : voceiro do Centro Galego de Bruselas

Esta publicación societaria pretende dar a coñecer o labor realizado pola institución e achegar á colonia galega residente en Bruxelas a realidade actual de Galicia. Inclúe basicamente información sobre a situación da colectividade e da entidade editora, así como das actividades organizadas pola mesma: balance económico, eventos recreativos, sociais, culturais, etc. Tamén contén artigos referidos á cultura galega en xeral (música, gastronomía, tradicións, política, economía, historia, etc.). Desde 1995 esta publicación aparece integrada na edición de «El Sol de Bélgica». Está escrita en catro linguas: galego, castelán, francés e flamengo.

Números conservados en formato papel:

1986: n. 2
1987: n. 4-7
1988: n. 8-10
1989: n. 11-14
1990: n. 15-17
1991: n. 19-21, 23
1992: n. 24-28
1993: n. 29
1994: n. 31-32
1995: n. 33-34
1999: n. 40
2003: n. 43
2006: n. 46
2007: n. 47
2008: n. 48-49
2009: n. 50
2010: n. 51-52

Centro Gallego de Bruselas

A voz da lareira : voceiro da Casa de Galicia

Esta revista societaria foi publicada coa finalidade de informar sobre temas de interese aos emigrantes galegos residentes en París. Creouse como o voceiro oficial da Casa de Galicia e unha boa parte da publicación está dedicada aos temas referidos a Galicia, á súa cultura, historia, lingua, etc., asumindo un compromiso cultural e político. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos, sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación, incluíndo páxinas de pasatempos e de carácter humorístico.

Números conservados en formato papel:

1984: n. 2-3

Casa de Galicia de París

A lareira : voceiro da Casa de Galicia, Asociación Cultural

Esta publicación societaria comeza a editarse en 1985 coma un novo voceiro oficial da entidade editora, para informar aos seus socios das actividades do centro e de diversas cuestións do seu interese.

Números conservados en formato papel:

1985: n. 5
1986: n. 6-7
1987: n. 9-10
1988: n. 12
1989: n. 13
1990: n. 14
1992: n. 15

Casa de Galicia de París

Centro Galego de Zug A Nosa Terra : Boletín Informativo

Este boletín societario pretende ofrecer aos galegos residentes en Zug ampla información sobre as actividades do Centro Galego A Nosa Terra, e a política que sobre emigración leva a cabo a Xunta de Galicia, a través de diferentes seccións, editorial, reportaxe e direccións importantes.

Número conservado en formato papel:

1999: 1º semestre

Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”

Galicia en Chile : Órgano de la Agrupación Gallega de Valparaíso y portavoz de la Colonia Española en Chile

Esta publicación societaria contén información sobre as actividades da entidade editora e contén numerosos artigos de carácter cultural que tratan sobre a historia, arte, literatura e xeografía de Galicia, etc., nun intento de «coadyuvar a intensificar siempre más el intercambio y las relaciones cordiales existentes entre Chile y la Madre Patria y defender los intereses de sus hijos residentes». Inclúe ademais relatos literarios, poesías, notas bibliográficas, páxinas de humor e reportaxes gráficas.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1929: n. 2
1930: n. 6

Agrupación Gallega de Valparaíso

Boletín de Información : Padroado da Cultura Galega de México

Este boletín societario ten un marcado carácter político de orientación nacionalista, reivindicando a autodeterminación para Galicia; recolle nas súas páxinas as actividades que neste sentido se desenvolven na emigración.

Números conservados en formato papel:

1966: n. I
1967: n. II-III

Padroado da cultura galega en México

Peña Deportivista "Aúpa Depor U.S.A."

Esta revista societaria está editada anualmente por unha peña do Deportivo en Estados Unidos, integrada maioritariamente por galegos. Editan cada número con motivo da celebración do aniversario fundacional da entidade deportiva; basicamente aporta información aos seus socios sobre este equipo de fútbol e os actos dos galegos residentes na cidade.

Número conservado en formato papel:

1998 (4º aniversario)

Peña deportivista "AUPA Depor U.S.A."

Mundo Gallego : Revista del Centro Gallego de Madrid

Esta revista foi creada en 1952 polo Centro Gallego de Madrid coa finalidade de «informar a sus asociados cuantas noticias se reciban de Galicia, y de los Centros Gallegos de América y de Europa». Convértese no voceiro informativo e literario desta entidade, presentando as súas actividades culturais máis relevantes (homenaxes, exposicións, conferencias, etc.) e informando doutras sociedades de emigrante, con amplas reportaxes sobre galegos ilustres. A revista ten un contido variado, no que se poden atopar artigos sobre a vida social, económica e política de Galicia, entrevistas, crónicas de actualidade, notas bibliográficas, contando tamén con relatos literarios e poesía.

Números conservados en formato papel:

2ª época:
1959: n. 4 (tamaño A4)
1960: n. 16 (275 x 215 mm)
3ª época (280 x 218 mm):
1968: n. 1; 18; 21
1969: n. 22-[24]
1970: n. 26-27
1971: n. 28-31
1972: n. 32-34
1973: n. 35-37
1974: n. 38-39
1975: n. 40-41
1977: n. 42-43
1978: n. 44
4ª época (tamaño A4):
1996: n. 1-3, 7
1997: n. 8

Centro Gallego de Madrid

Boletín do Centro Galego de Madrid : Segundo Século

Este boletín societario foi creado coa finalidade de informar das actividades sociais e culturais organizadas polo Centro Gallego de Madrid, recollendo outros aspectos de interese para os seus socios.

Número conservado en formato papel:

1995: febreiro

Centro Gallego de Madrid

Galicia y Madrid : Periódico mensual de Galicia en Madrid

Esta publicación mensual foi editada pola colonia galega residente en Madrid para informar sobre Galicia, e en menor medida sobre as actividades dos galegos da capital de España. Consta de editorial, entrevistas, noticias do centro e dos galegos en Madrid.

Números conservados en formato papel:

1998: n. 1-4
1999: verán

Centro Gallego de Madrid

Results 61 to 80 of 204