Amosando 205 resultados

Descrición arquivística
Arxentina Subserie
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Revista de la Sociedad Hijos de Ois

Revista societaria editada pola entidade parroquial do seu nome. Conta con información para os socios tanto da marcha da sociedade como do seu interese; ademáis ten artigos sobre Arxentina e Galicia, temas culturais, textos literarios e poemas reproducidos de autores recoñecidos. Comezou chamándose "As 4 aldeas" (vid. ficha)

Números conservados en papel (fotocopias):

1925: n. 3

Hijos de Ois de ayuda mutua

Revista Galicia

Esta revista societaria informa sobre as actividades e acontecementos internos do Centro Gallego de Partido General Sarmiento.

Números conservados en formato papel:

  • 1997: n. 3

Centro Gallego del partido de General Sarmiento

Revista médica del Hospital Español de Mendoza

Esta revista trimestral foi editada polo Hospital Español de Mendoza, para informar das súas diversas actividades, así como dos beneficios sociais, as instalacións e os tratamentos que facilitan aos seus socios.

Número conservado en formato papel:

  • 1998/1999: n. 2

Sociedad española de beneficencia y mutualidad, Hospital español de Mendoza

Revista mensual de la Asociación de Socorros Mutuos de Buenos Aires

Esta revista societaria foi creada para informar da vida da colectividade española na capital arxentina (páxina social: matrimonios, nacementos, defuncións, festas, etc.) e da vida societaria da entidade (actividades realizadas, movemento de socios, autoridades sociais, servizos médicos que ofrecen, balances económicos, etc.). Contan tamén con información sobre a política e lexislación migratoria española e arxentina, noticias culturais, textos literarios, biografías de persoeiros, etc.

Números conservados en microfilme e dixital:

  • 1926: n. 169, 171, 175-176
  • 1928: n. 191

Asociación española de socorros mutuos de Buenos Aires

Revista Xuve-Breogán

Publicación editada polo grupo xuvenil da Agrupación Breogán do Centro Gallego, que pretende achegar a cultura galega á segunda xeración de emigrantes. A súa temática é moi variada, pero todos os artigos teñen como eixe común a Galicia, abordando aspectos como a lingua, a heráldica, rutas turísticas, etc. Nun segundo lugar aparecen informacións relacionadas coa Agrupación Breogán e o Centro Gallego. Complétase a publicación con páxinas de pasatempos, críticas cinematográficas e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

1991: n. 1, 3
1992: n. 4

Agrupación argentino-gallega pro-Centro Gallego, grupo juvenil

Rianxo : Revista editada por la sociedad Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo

Esta revista societaria foi editada para informar sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade editora, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos arredor da mesma. Complétase con artigos histórico-culturais e algunha composición poética.

Números conservados en formato papel (fotocopia):

1943: n. 1

Parroquias unidas del ayuntamiento de Rianjo

Rianxo : Revista social

Esta revista societaria foi editada para informar sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade editora, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos arredor da mesma. Complétase con artigos histórico-culturais e algunha composición poética.

Números conservados en formato papel (fotocopia):

1948: [s.n.]
1951: [s.n.]; n. 4

Sociedad ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unificadas)

Sada, Oleiros

Esta revista societaria está editada por dúas sociedades de emigrantes naturais de dous concellos veciños, Sada e Oleiros, para informar aos seus socios das súas respectivas actividades sociais e con artigos sobre estes concellos e sobre Galicia en xeral.

Número conservado en papel (fotocopias):

1980

Asociación de Oleiros, mutual, cultural y recreativa

Sada, Oleiros

Esta revista societaria está editada por dúas sociedades de emigrantes naturais de dous concellos veciños, Sada e Oleiros, para informar aos seus socios das súas respectivas actividades sociais e con artigos sobre estes concellos e sobre Galicia en xeral.

Número conservado en papel (fotocopias):

1980

Asociación de Oleiros, mutual, cultural y recreativa

Síntese informativa

Síntese informativa elaborada a modo de memoria sobre a actividade desenvolvida polo "Consello de Galiza" durante os anos 1960-1965, conservada en formato papel.

Consello de Galiza

Sociedad Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires

Revista societaria que se publica anualmente con motivo da celebración do aniversario social da entidade, aproveitando para dar conta das actividades sociais e da directiva. Contén noticias do concello de Vedra.

Números conservados en papel:

1970: 60º aniversario
1971: 61º aniversario

Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires

Teo : Órgano oficial de la Federación de Residentes de Teo en Sud-América

Esta publicación comezou a editadarse en 1910 polas sociedades agrarias de emigrantes da comarca de Teo e Vedra. Informa da vida interna e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan. Inclúe numerosas noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca, analizando a situación das diferentes parroquias, desde unha perspectiva agrarista, e denunciando as manipulacións caciquís e do clero. Tamén recolle diversas notas sociais como nacementos, vodas, viaxeiros, etc. dos persoeiros da comarca, e colaboracións literarias. A partir de 1916 pasa a denominarse «El Eco de Teo» e xa nos anos 20 continúa chamándose «Unión de Teo y Vedra»

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1911: n. 16-20
1912: n. 21-32
1913: n. 33-44
1914: n. 45-56
1915: n. 57-60

Anos conservados en formato microficha:

1915-1918

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Terra : Boletín de Cultura Galega : Idearium da I.N.G. ná América do Sul

Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923: n. 5, outubro

Irmandade nazonalista galega de Bos Aires

Umia y Lérez : Órgano de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en el Plata. Pro cultura y protección

Esta revista foi o órgano oficial da sociedade editora para informar do seu labor societario. Contén ademais artigos de carácter político sobre a situación galega cunha clara orientación republicana e autonomista e aparecen colaboracións literarias e artigos divulgativos. Inclúe tamén artigos sobre a actualidade da comarca («Noticias de Forcarey») e novas sociais.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1935: n. 148

Residentes del ayuntamiento de Forcarey en el Plata

Unión de Teo y Vedra : Órgano oficial de las Sociedades Agrarias de Teo y Vedra

Esta revista societaria está editada polas sociedades agrarias da comarca de Teo para informar da vida interna destas asociacións e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan (Agrupación Auxiliar del Centro Republicano de Teo, Centro Residentes de Teo, Residentes de Calo en Sudamérica, Residentes de Cacheiras en Buenos Aires, Progreso y Cultura de Vedra, Unión Residentes de Luou, Agrupación Protectora de la Biblioteca Popular de Luou, etc.). Presta unha especial atención ás noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca recollidas en numerosas seccións co nome de «Crónicas» ou «Informaciones», onde se aborda a problemática local desde postulados agraristas, denunciando as manipulacións políticas caciquís e do clero. Por último recolle notas de sociedade (nacementos, vodas, viaxeiros, etc.) e colaboracións literarias.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1927 (n. 206)
1929 (n. 230, 235)
1930 (n. 236, 238, 241-247)
1931 (n. 249-259)
1932 (n. 271-271 bis)
1933 (n. 272-283)
1934 (n. 284-295)
1935 (n. 296-300, 302-307)
1936 (n. 308-314)
1943 (n. 400-401)
1955 (n. 512-513)
1956 (n. 516-517)
1957 (n. 519, 521-522)
1962 (n. 535)
1965 (n. 539)
1971 (n. 543)
1973 (n. 545)

Números conservados en formato facsímil ou dixital:

1951: n. 491/492
1952: n. 500
1953: n. 503, 505
1954: n. 507-508, 510
1955: n. 514
1956: n. 515

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Unión Estradense : Instrucción-Fomento-Cooperación

Prensa societaria dedicada principalmente a informar das actividades da Unión Estradense e achegar a actualidade do concello da Estrada aos emigrantes naturais da zona que residían en Bos Aires. Contén ademais, algunha colaboración literaria, artigos de opinión, traballos sobre diversos aspectos da cultura galega e a emigración en xeral.

Números conservados en formato microfilme:

  • 1929: n. 11-[12], 14

Unión estradense

Unión Gallega

Esta publicación foi editada pola agrupación do mesmo nome do Centro Gallego, con motivo das eleccións á asemblea de representantes da institución. Os contidos da revista circunscríbense a esta finalidade, reproducindo o programa electoral, unha nota biográfica dos candidatos e unha síntese do labor realizado pola agrupación no mandato anterior. Á parte da publicación electoral, ás veces sae algún número extraordinario con motivo dalgún acontecemento especial, como o correspondente a abril de 1988, editado con motivo do 50 aniversario da agrupación.

Número en papel: 1988 (abril)

Centro Gallego de Buenos Aires

Vedra Hoxe : Publicación de la Sociedad Parroquial de Vedra

Publicación societaria que informa das actividades e dos fins da entidade editora para informar da actualidade nesta comarca; conta tamén con artigos divulgativos, informacións de interese para os emigrantes, traballos sobre Galicia e o concello de Vedra, páxinas de entretemento e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

Orixinal:

1993: n. 4
1994: n. 5-6, 8
1995: n. 9-10
1996: n. 12, 14
1997: n. 16, 17
1998: n. 18-19
1999: n. 20
2000: n. 21-22
2001: n. 23-24
2002: n. 25-27
2003: n. 28-29
2004: n. 30
2005: n. 31
2006: n. 34
2009: n. 37

Fotocopia:

1993: n. 1-4
1994: n. 5-8
1995: n. 9-11
1996: n. 12-14
1997: n. 15

Sociedad parroquial de Vedra de mutualidad y cultura

Resultados 181 a 200 de 205