Showing 439 results

Archival description
Subseries Emigración galega
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Galicia en Valencia : Órgano Informativo de la Hermandad Gallega de Valencia

Esta revista societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Valencia, para informar aos seus socios dos actos sociais e culturais desenvolvidos e/ou nos que tivo participación a entidade. Complétase con noticias procedentes de Galicia e actualidade deportiva. Tamén inclúe composicións literarias.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 1
1993: n. 11
1994: n. 12

Hermandad Gallega de Valencia

Boas Novas : Boletín Informativo mensual da Irmandade Galega

Esta revista segue o esquema típico da prensa societaria, incluíndo información relativa á composición e organización da entidade editora, con noticias sobre directivas, socios, comités internos, etc. e sobre os diferentes aspectos da vida social e cultural da mesma.

Número conservado en formato papel:

1979: n. 5

Hermandad Gallega de Venezuela

A Irmandade : Revista socio cultural de la Hermandad Gallega de Venezuela

Esta publicación societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Venezuela como o seu voceiro oficial coa finalidade de «lograr un mayor acercamiento entre los socios, promover y apoyar el acervo cultural gallego, y ofrecer a los lectores una información actualizada, auténtica y veraz». A revista contén unha ampla información arredor da sociedade: relacións institucionais, visitas, infraestructuras, reunións, actividades sociais e culturais realizadas, etc. Combina esta información con artigos histórico-culturais, seccións de ocio e reportaxes especiais de temática diversa.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 0-1

Hermandad Gallega de Venezuela

Jaque : publicación mensual de la Peña "Alexandre Bóveda" por el progreso del ajedrez venezolano

A Peña de xadrez "Alexandre Bóveda", pertencente ao Lar Gallego de Caracas decide publicar esta revista coa intención de "acercar más a nuestros consocios y mantenerlos informados de cuanto interesante ocurra dentro y fuera de la Peña en este mundillo del Ajedrez". Tratan pois todos os aspectos sobre o mundo do xadrez, deporte moi popular en Venezuela, e ofrecen artigos sobre este mundo con noticias a nivel nacional e internacional "propendiendo en la modestia de sus fuerzas a la difusión y progreso del ajedrez en toda Venezuela".

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1960: n. 1-12
1961: n. 13-19

Hermandad Gallega de Venezuela

Boletín Informativo de la Junta Directiva de la Hermandad Gallega de Venezuela

Boletín que comezou a súa andadura en abril de 1996 co obxectivo de informar á colectividade das xestións e plantexamentos da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela" durante o seu período de goberno.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

1996: abril

Hermandad Gallega de Venezuela

La Hermandad Hoy

Boletín societario da "Hermandad Gallega de Venezuela" con fotografías dos diversos eventos e actividades que organiza a entidade.

Números conservados en formato papel:

2003: outubro
2004: maio

Hermandad Gallega de Venezuela

Reporte Ourensán

Esta publicación societaria está editada pola Xuntanza Fillos de Ourense para informar aos seus socios sobre as súas actividades.

Números conservados en formato papel:

1998: vol. 5 (maio)
2007: [2ª etapa], maio/agosto

Asociación Civil Fillos de Ourense

Alborada : la revista del Centro Gallego de Maracaibo

Esta revista publicada polo Centro Gallego de Maracaibo, ten como finalidade a difusión das súas actividades sociais e culturais (campionatos, grupos de danzas, encontros, festexos, etc.), ademais de contar con artigos referidos a Galicia e á súa cultura («Consideracións en torno al alma gallega», «Santiago y su proyección universal», «A ti Galicia»), e diversas colaboracións literarias. No número de 1992 conmemoran o trixésimo aniversario fundacional da entidade facendo unha valoración histórica da entidade.

Números conservados en formato papel:

1992: agosto
2004
2006: n. 2
2010

Centro Gallego de Maracaibo

Cousas Nosas

Esta revista foi editada polos empregados da Casa de Galicia de Montevideo. O seu primeiro número sae como unha homenaxe aos fundadores da mesma con motivo do seu trinta e nove aniversario fundacional. Céntrase principalmente na información sobre o Club de empregados e, en menor medida, sobre a Casa de Galicia. Contén bastantes artigos sobre Galicia e a súa cultura: literatura, música, as rutas turísticas, lembranzas ou opinións e a traxectoria de galegos na emigración. Por último, inclúe colaboracións literarias de escritores galegos.

Número conservado en formato papel:

1956: n. 1

Casa de Galicia de Montevideo

Casa de Galicia : 50 años

Esta publicación da Casa de Galicia de Montevideo editouse en conmemoración do cincuenta aniversario social, facendo un percorrido pola súa historia; aparece un compendio das actividades realizadas pola institución nestes cincuenta anos, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, etc.

Número conservado en formato papel:

1967 (50º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

O Irmandiño : Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai

Esta publicación política de orientación nacionalista, foi editada pola Irmandade Galeguista d'o Uruguai, organización vinculada ao Partido Galeguista, como portavoz da mesma para divulgar e defender os seus postulados políticos, reproducindo a súa declaración de principios. No seu primeiro número inician unha campaña de subscrición de axuda ao partido, pedindo o voto e criticando os postulados de C. Sánchez Mosquera. Reproduce artigos dos seus principais líderes e outros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal, Pardo de Cela, defensa dunha escola galega, reprodución de colaboracións literarias, etc.). Denuncia a situación política española (especialmente na columna satírica «Fuchicadas»). Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas, etc.

Números conservados en formato dixital:

1ª época, 1934-1936
2ª época, 1958-1961

Números conservados en formato papel (fotocopias):

2ª época:
1958: n. 1
1959: n. 2

Irmandade galeguista d'o Uruguai

Plus Ultra : Boletim de la Sociedad Caballeros de Santiago

O número consultado está dedicado integramente á celebración do Milenario da lingua castelá e todos os actos organizados con este motivo, tanto os que se celebraron en España como os que a sociedade Caballeros de Santiago organizou na Bahía. Ademais hai un resumo histórico da entidade, dende a súa fundación ata ese momento.

Número conservado en formato papel:

1977: n. 11

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

La Escuela : órgano de la mutualidad escolar

Este xornal escolar informa sobre as actividades dos alumnos das escolas de Mugardos (moitas delas subvencionadas ou creadas polos emigrantes naturais deste concello e residentes en Cuba), da súa problemática e necesidades. Publican tamén traballos dos escolares e pequenas noticias culturais da comarca.

Número conservado en formato dixital:

1922: n. 7

Unión Mugardesa

Xornal d'a Nosa Galiza

Revista societaria que no seu editorial proclama "a percura do millor galego esquirto que nos sexa posible é unha das preocupazóns dos que redaitamos iste xornal". Consta de varias seccións: "Literatura" con biografías de autores galegos recoñecidos, informacións sobre libros e tamén sobre teatro e poesía; "economía" sobre a situación actual de Galicia; a vida societaria, directivas, o balance económico da entidade e as actividades organizadas para os socios; ademais hai artigos sobre temas que poden interesar aos socios e a colectividade emigrada, reproducións de artigos publicados na prensa galega, debuxos de Castelao, etc.

Número conservado en formato papel:

1970: n. 2

Sociedade "A Nosa Galiza"

Revista de A Nosa Galiza

Este xornal é continuador da revista «A Nosa Galicia» e posteriormente cambia de novo de título, pasando a denominarse «Revista da Sociedade Galega A Nosa Galiza». Foi creada pola sociedade do mesmo nome para informar aos seus socios sobre as súas actividades e diversos temas de interese para a colectividade galega emigrada de Xenebra.

Números conservados en formato papel:

1988: marzal
1990: maio

Sociedade "A Nosa Galiza"

Irmandade : voceiro da Irmandade Galega na Suiza

Esta publicación societaria foi editada pola Irmandade Galega na Suíza, para dar información sobre as súas actividades. Aparecen tamén traballos de carácter cultural recollidos en seccións como «Follas culturais do noso pobo», «Voces na cultura galega», etc., que abordan preferentemente aspectos da literatura galega; hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX, etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.

Números conservados en formato papel:

1978: n. 3-5
1979: n. 6-8

Irmandade Galega na Suiza

Results 41 to 60 of 439