Showing 262 results

Archival description
Arquivo do Consello da Cultura Galega América do Sur Subseries
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Centro Gallego de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia : Libro de bodas de diamante

Nesta revista publicada con motivo da celebración do 70º e 75º aniversario fundacional da sociedade editora aparecen diversos artigos e reportaxes sobre a historia e as actividades do centro.

Números conservados en formato papel:

1993: 70º aniversario
1998: 75º aniversario

Centro Gallego de socorros mutuos de Comodoro Rivadavia

Asociación Española de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia : Nonagésimo aniversario

Esta publicación foi publicada con motivo da conmemoración do 90º aniversario fundacional da entidade editora. Informan do devir histórico da sociedade ao longo destes anos, de todos os seus logros e tamén da actualidade social.

Número conservado en formato papel:

2000: 90º aniversario (1910-2000)

Asociación española de socorros mutuos de Comodoro Rivadavia

Orzán : Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires

Publicación societaria, dirixida por Bieito Cupeiro, na que aparecen artigos e informacións sobre o Centro Coruñés; abundan os traballos e as colaboracións sobre Galicia e a súa historia, fragmentos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo, ademais de numerosa publicidade.

Número conservado en formato microfilme:

1946: n. 2

Número conservado en formato papel:

1952: n. 5

Números conservados en formato dixital:

1952: n. 5
1954: n. 6
1955: n. 7
1956: n. 8

Centro Coruñés de Buenos Aires

El Orensano : Periódico galego

Este xornal foi editado polo Centro Orensano para informar do labor societario da entidade e da situación da colectividade, caracterizándose polo seu enfrontamento coa Federación de Sociedades Gallegas e o proxecto de impulsar a unión das pequenas sociedades parroquiais e comarcais en centros provinciais. Presta tamén unha especial atención ás novas de actualidade política, adoptando unha clara orientación galeguista e republicana, destacando a sección «Panorama» na que se analiza a política internacional no contexto do final da Guerra Mundial e as posibilidades da caída do rexime franquista. Complétase con artigos sobre a provincia de Ourense, Galicia e a súa cultura, e diversas colaboracións literarias. Estivo dirixido por Rodolfo Prada, destacado galeguista.

Número conservado en formato microfilme:

1944: n. 1-4
1945: n. 5-28

Centro Orensano de Buenos Aires

Lar : Revista Mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad Hospital Gallego

Esta publicación societaria aborda basicamente temas de interese para os asociados (novas autoridades, servizos facultativos, memorias sociais, programa de actos, movemento de socios, etc.), ademais de contar con algúns artigos culturais e divulgativos, entre os que destaca a sección «Divulgación científica». Con motivo do Día de Galicia editan números extraordinarios, nos que colaboran numerosos intelectuais galegos con artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, as relacións hispano-arxentinas e numerosos traballos de creación literaria.

Números conservados en formato papel:

1951: n. 207/208 (orixinal) con memoria e balances do exercicio de 1950, n. 213 (fotocopias)
1953: n. 236/237 (fotocopias)

Hospital Gallego, asociación gallega de beneficencia y mutualidad

Mundo Español

Esta publicación está editada polo Club Español e podemos encadrala na típica publicación societaria que serve para informar aos asociados sobre a entidade e as diversas actividades que realiza. Contén tamén noticias sobre outras asociacións de españois residentes en Arxentina na sección «Algunas entidades españolas por dentro» e cunha relación das institucións españolas en Bos Aires. Hai outras seccións de narracións históricas como «Historias para conocer y contar» e «La España que añoramos».

Número conservado en formato papel:

1994: n. 1

Club Español de Buenos Aires

Xa : Revista de Cultura Gallega

Esta publicación cultural foi editada pola sociedade cultural Xeito Novo para achegar aos galegos de Bos Aires á realidade galega. A revista estructúrase en seccións como: «Libros», «Actividade Cultural», «Música», «Idioma», «Costumbres» ou «Cine», que aproximan ao lector a diferentes aspectos da cultura galega, así como ás actividades realizadas na colectividade emigrada. Outro eixe básico é a recuperación da memoria histórica da emigración («Testimonios», «Memoria», etc.). Noutras seccións abórdanse temas como a actualidade de Galicia, a gastronomía, rutas turísticas, a emigración, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1
1994: n. 2-4

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Terra : Boletín de Cultura Galega : Idearium da I.N.G. ná América do Sul

Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923: n. 5, outubro

Irmandade nazonalista galega de Bos Aires

Boletín informativo

Boletín editado polo Centro Gallego de Buenos Aires para informar sobre as actividades da entidade e a súa vida interna (doazóns, socios ingresados, servizos médicos, directorio médico da entidade etc.). Informan tamén da biblioteca "Manuel Murguía", do Teatro Castelao, do Panteón social ou das actuacións do Coro do centro.

Números en papel:

1997: novembro
1998: maio
1999: setembro

Centro Gallego de Buenos Aires

Memoria de creación do IACG

Memoria de creación do Instituto Argentino de Cultura Gallega como continuador da Comisión de Cultura do Centro Gallego de Buenos Aires no ano 1969 e patrimonio cultural asignado

Instituto Argentino de Cultura Gallega

Airiños : Revista de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Esta revista foi editada pola Casa de Galicia para informar sobre diversos aspectos da institución, e conta ademais con numerosas colaboracións de importantes personalidades que ofrecen a través dos seus escritos unha clara orientación cultural da revista, con diversas achegas á historia, xeografía, costumes, literatura, etc. de Galicia e a súa influencia en América. Aparecen tamén relatos literarios e numerosas poesías.

Números en microfilme:

1944: n. 1-2
1945: n. 3-5
1947: n. 7
1948: n. 8
1949: n. 9
1950: n. 10-11
1951: n. 12
1954: n. 13
1955: n. 14-15

Número en papel:

1983: n. 50º aniversario (72 páxinas)

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Agarimo

Esta revista foi editada por un grupo de simpatizantes da sociedade Hogar Gallego para Ancianos co fin de apoiar e divulgar o seu labor asistencial en pro da colectividade galega da terceira idade. A maior parte dos artigos son colaboracións, principalmente literarias, con referencias a personalidades galegas ou ao papel dos galegos en América. Neste número que conservamos aparece o relatorio presentado no I Congreso da Emigración Galega sobre a ancianidade e unha ampla información sobre a entidade.

Número fotocopiado:

1957: n. 1

Hogar gallego para ancianos

Results 121 to 140 of 262