Showing 327 results

Archival description
América Subseries Emigración galega
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Centro Gallego de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia : Libro de bodas de diamante

Nesta revista publicada con motivo da celebración do 70º e 75º aniversario fundacional da sociedade editora aparecen diversos artigos e reportaxes sobre a historia e as actividades do centro.

Números conservados en formato papel:

1993: 70º aniversario
1998: 75º aniversario

Centro Gallego de socorros mutuos de Comodoro Rivadavia

Asociación Española de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia : Nonagésimo aniversario

Esta publicación foi publicada con motivo da conmemoración do 90º aniversario fundacional da entidade editora. Informan do devir histórico da sociedade ao longo destes anos, de todos os seus logros e tamén da actualidade social.

Número conservado en formato papel:

2000: 90º aniversario (1910-2000)

Asociación española de socorros mutuos de Comodoro Rivadavia

Galicia en Chile : Órgano de la Agrupación Gallega de Valparaíso y portavoz de la Colonia Española en Chile

Esta publicación societaria contén información sobre as actividades da entidade editora e contén numerosos artigos de carácter cultural que tratan sobre a historia, arte, literatura e xeografía de Galicia, etc., nun intento de «coadyuvar a intensificar siempre más el intercambio y las relaciones cordiales existentes entre Chile y la Madre Patria y defender los intereses de sus hijos residentes». Inclúe ademais relatos literarios, poesías, notas bibliográficas, páxinas de humor e reportaxes gráficas.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1929: n. 2
1930: n. 6

Agrupación Gallega de Valparaíso

Memoria do ano 1917-1918

Edición facsimilar da memoria do ano 1917-1918 da sociedade "Casa de España en Santo Domingo" publicada pola Fundación García Arévalo, Inc. en 1987, no momento de cumplirse o seu 70º aniversario. Inclúe o traballo de Manuel A. García Arévalo "La inmigración española y la fundación de la Casa de España en Santo Domingo".

Casa de España en Santo Domingo

Memoria do ano 1996

"Asociación Española de Beneficencia : 1996 : Memoria correspondiente a las labores y al estado económico de la Asociación durante el periodo pasado presentado por la Junta Directiva a la Asamblea General Ordinaria", conservada en formato papel.

Asociación española de beneficencia de Costa Rica

Boletín de Información : Padroado da Cultura Galega de México

Este boletín societario ten un marcado carácter político de orientación nacionalista, reivindicando a autodeterminación para Galicia; recolle nas súas páxinas as actividades que neste sentido se desenvolven na emigración.

Números conservados en formato papel:

1966: n. I
1967: n. II-III

Padroado da cultura galega en México

Revista oficial del Círculo español de Puebla

Esta publicación societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das diversas actividades sociais, así como noticias sobre os seus integrantes máis destacados. Conta con seccións fixas como «Concurso literario», «Personajes importantes» (biografías de emigrantes españois que triunfaron en México), «Noticias de interés» (sobre a actualidade cultural), «Entretenimientos» ou «Deporte». Aparecen tamén artigos sobre cidades mexicanas, a súa cultura, etc.

Número conservado en formato papel:

1994: n. 2

Círculo Español de Puebla

Peña Deportivista "Aúpa Depor U.S.A."

Esta revista societaria está editada anualmente por unha peña do Deportivo en Estados Unidos, integrada maioritariamente por galegos. Editan cada número con motivo da celebración do aniversario fundacional da entidade deportiva; basicamente aporta información aos seus socios sobre este equipo de fútbol e os actos dos galegos residentes na cidade.

Número conservado en formato papel:

1998 (4º aniversario)

Peña deportivista "AUPA Depor U.S.A."

Orzán : Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires

Publicación societaria, dirixida por Bieito Cupeiro, na que aparecen artigos e informacións sobre o Centro Coruñés; abundan os traballos e as colaboracións sobre Galicia e a súa historia, fragmentos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo, ademais de numerosa publicidade.

Número conservado en formato microfilme:

1946: n. 2

Número conservado en formato papel:

1952: n. 5

Números conservados en formato dixital:

1952: n. 5
1954: n. 6
1955: n. 7
1956: n. 8

Centro Coruñés de Buenos Aires

El Orensano : Periódico galego

Este xornal foi editado polo Centro Orensano para informar do labor societario da entidade e da situación da colectividade, caracterizándose polo seu enfrontamento coa Federación de Sociedades Gallegas e o proxecto de impulsar a unión das pequenas sociedades parroquiais e comarcais en centros provinciais. Presta tamén unha especial atención ás novas de actualidade política, adoptando unha clara orientación galeguista e republicana, destacando a sección «Panorama» na que se analiza a política internacional no contexto do final da Guerra Mundial e as posibilidades da caída do rexime franquista. Complétase con artigos sobre a provincia de Ourense, Galicia e a súa cultura, e diversas colaboracións literarias. Estivo dirixido por Rodolfo Prada, destacado galeguista.

Número conservado en formato microfilme:

1944: n. 1-4
1945: n. 5-28

Centro Orensano de Buenos Aires

Lar : Revista Mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad Hospital Gallego

Esta publicación societaria aborda basicamente temas de interese para os asociados (novas autoridades, servizos facultativos, memorias sociais, programa de actos, movemento de socios, etc.), ademais de contar con algúns artigos culturais e divulgativos, entre os que destaca a sección «Divulgación científica». Con motivo do Día de Galicia editan números extraordinarios, nos que colaboran numerosos intelectuais galegos con artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, as relacións hispano-arxentinas e numerosos traballos de creación literaria.

Números conservados en formato papel:

1951: n. 207/208 (orixinal) con memoria e balances do exercicio de 1950, n. 213 (fotocopias)
1953: n. 236/237 (fotocopias)

Hospital Gallego, asociación gallega de beneficencia y mutualidad

Mundo Español

Esta publicación está editada polo Club Español e podemos encadrala na típica publicación societaria que serve para informar aos asociados sobre a entidade e as diversas actividades que realiza. Contén tamén noticias sobre outras asociacións de españois residentes en Arxentina na sección «Algunas entidades españolas por dentro» e cunha relación das institucións españolas en Bos Aires. Hai outras seccións de narracións históricas como «Historias para conocer y contar» e «La España que añoramos».

Número conservado en formato papel:

1994: n. 1

Club Español de Buenos Aires

Xa : Revista de Cultura Gallega

Esta publicación cultural foi editada pola sociedade cultural Xeito Novo para achegar aos galegos de Bos Aires á realidade galega. A revista estructúrase en seccións como: «Libros», «Actividade Cultural», «Música», «Idioma», «Costumbres» ou «Cine», que aproximan ao lector a diferentes aspectos da cultura galega, así como ás actividades realizadas na colectividade emigrada. Outro eixe básico é a recuperación da memoria histórica da emigración («Testimonios», «Memoria», etc.). Noutras seccións abórdanse temas como a actualidade de Galicia, a gastronomía, rutas turísticas, a emigración, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1
1994: n. 2-4

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Terra : Boletín de Cultura Galega : Idearium da I.N.G. ná América do Sul

Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923: n. 5, outubro

Irmandade nazonalista galega de Bos Aires

Results 141 to 160 of 327