Amosando 227 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Europa Subserie
Previsualización da impresión Ver:

Festival de Danzas Folklóricas Internacionales

Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.

Número conservado en formato papel:

2003: XXIVº festival

Hermandad Gallega de Venezuela

Jaque : publicación mensual de la Peña "Alexandre Bóveda" por el progreso del ajedrez venezolano

A Peña de xadrez "Alexandre Bóveda", pertencente ao Lar Gallego de Caracas decide publicar esta revista coa intención de "acercar más a nuestros consocios y mantenerlos informados de cuanto interesante ocurra dentro y fuera de la Peña en este mundillo del Ajedrez". Tratan pois todos os aspectos sobre o mundo do xadrez, deporte moi popular en Venezuela, e ofrecen artigos sobre este mundo con noticias a nivel nacional e internacional "propendiendo en la modestia de sus fuerzas a la difusión y progreso del ajedrez en toda Venezuela".

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1960: n. 1-12
1961: n. 13-19

Hermandad Gallega de Venezuela

Aires da Terra

Revista societaria que comeza a súa andadura en maio de 1961 coa intención de publicarse de maneira mensual e centrada no acervo cultural e histórico de Galicia.

Números conservados en formato dixital e papel (fotocopias):

1961: n. 1

Hermandad Gallega de Venezuela

Galicia Nueva : Semanario Regional

Semanario feito exclusivamente para Galicia e os galegos residentes en Uruguai. Destaca a atención preferente que fan á Casa de Galicia de Montevideo (actividades societarias, directivas, seccións, etc.). Na práctica converteuse no seu voceiro oficial.
Tamén conta con artigos literarios e culturais. Defende o pensamento rexionalista.
Naceu coa intención de continuar co labor de Tierra Gallega, ambos os dous semanarios foron fundados e dirixidos por José M.ª Barreiro.

Números conservados en formato dixital:

1918: n. 1-12
1919: n. 13

Casa de Galicia de Montevideo

Hermandad Gallega de Venezuela

Esta publicación societaria contén abundante información, gráfica e escrita, sobre as súas actividades de carácter cultural e social e outros aspectos arredor da mesma (infraestruturas, relacións institucionais, órganos directivos, etc.). Combina esta información propia da prensa institucional con escritos de carácter cultural arredor de Galicia, España ou Venezuela (literatura, arte, costumes, notas biográficas, opinións de intelectuais, etc.) e reproducións de artigos doutros xornais.

Números conservados en formato papel:

1973: n. 8-10
1990: 30º aniversario
1994: decembro
1995: abril
2000: 40º aniversario
2005: 44º aniversario

Hermandad Gallega de Venezuela

Alma Gallega : Órgano oficial de Casa de Galicia

Revista societaria centrada na información das súas actividades sociais por seccións (sanidade, beneficencia, educación, etc.), reprodución da memoria social (balance de caixa, listados de socios, estatísticas médicas, composición da directiva, inventarios xerais, balances económicos, descrición de actividades, etc.). O resto da revista aborda diferentes temas galegos (cultura, xeografía, literatura, personaxes ilustres), comentarios de libros galegos, sección humorística e colaboracións literarias.

Números conservados en formato dixital:

Fondo Xesús Canabal:
1922: outubro (n. extra. dedicado a Concepción Arenal)
1927: novembro
1935: [n.s.] n. 1
1937 (n. extra 20º aniversario)
1964: febreiro

Números conservados en formato papel:

Facsímil:

1922: outubro (n. extra. dedicado a Concepción Arenal)
1927: novembro
1941: xullo

Orixinal:

1936: n. 2
1945: decembro (n. extra. 28º aniversario)
1960: xaneiro

Casa de Galicia de Montevideo

Presencia de Galicia en Venezuela

Edición especial da revista "Bohemia" que deu comezo acompañando ao número 1.363 da revista, publicado en agosto de 1989. O motivo desta serie foi dar conta da presencia de Galicia en Venezuela e xurdiu grazas ao aporte de diversas empresas e á colaboración da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela".

Número conservado en formato papel:

[1989]: n. especial

Hermandad Gallega de Venezuela

Cousas Nosas

Esta revista foi editada polos empregados da Casa de Galicia de Montevideo. O seu primeiro número sae como unha homenaxe aos fundadores da mesma con motivo do seu trinta e nove aniversario fundacional. Céntrase principalmente na información sobre o Club de empregados e, en menor medida, sobre a Casa de Galicia. Contén bastantes artigos sobre Galicia e a súa cultura: literatura, música, as rutas turísticas, lembranzas ou opinións e a traxectoria de galegos na emigración. Por último, inclúe colaboracións literarias de escritores galegos.

Número conservado en formato papel:

1956: n. 1

Casa de Galicia de Montevideo

Revista Cultural

Tal como seu nome indica pretende ser unha revista centrada nas actividades culturais do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. Céntranse na figura homenaxeada ese ano no Días das Letras Galegas, Lorenzo Varela, cun percorrido biográfico e literario e reprodución dalgúns dos seus poemas. Hai un artigo sobre a literatura popular galega do século XX e varias reproducións de Literatura oral ("para mostra "un sermón", "un desafío", "un romance" e un "parrafeo"). Dan a coñecer a obra de Mario Dapena "un mestre emigrante").
Na revista publican tamén as bases para participar no concurso de contos "Breogán" que organiza o Centro dende hai moitos anos, de feitos en 2005 xa levan 38 edicións.

Número conservado en formato papel:

2005

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

A Irmandade : Revista socio cultural de la Hermandad Gallega de Venezuela

Esta publicación societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Venezuela como o seu voceiro oficial coa finalidade de «lograr un mayor acercamiento entre los socios, promover y apoyar el acervo cultural gallego, y ofrecer a los lectores una información actualizada, auténtica y veraz». A revista contén unha ampla información arredor da sociedade: relacións institucionais, visitas, infraestructuras, reunións, actividades sociais e culturais realizadas, etc. Combina esta información con artigos histórico-culturais, seccións de ocio e reportaxes especiais de temática diversa.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 0-1

Hermandad Gallega de Venezuela

La Hermandad Hoy

Boletín societario da "Hermandad Gallega de Venezuela" con fotografías dos diversos eventos e actividades que organiza a entidade.

Números conservados en formato papel:

2003: outubro
2004: maio

Hermandad Gallega de Venezuela

Galicia en Catalunya : Órgano del Centro Gallego de Barcelona

Revista societaria "froito do traballo en común realizado polas comunidades galegas en Cataluña para fornecer a Galeguidade". Informa pois das actividades organizadas por varias entidades galegas en Cataluña e tamén hai artigos sobre Galicia (un dos números está dedicado ao concello de Mondoñedo). Non esquecen a cultura e a sociedade catalana na que viven inmersos.

Números conservados en formato papel:

2014
2015

Centro Gallego de Barcelona

Asociación Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son

Publicación societaria editada por esta asociación de emigrantes, onde a directiva informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas na actualidade pola entidade.

Número conservado en papel:

-2002: n. 8 (decembro)

Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son

Hospital Espanhol

Esta publicación societaria está editada pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência para informar aos seus socios das actividades realizadas pola sección de beneficencia, das instalacións do hospital propiedade da entidade, e dos servizos que ofrece aos seus socios, etc.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 26
1999: n. 32
2000 (publicación conmemorativa do 115º aniversario)
2005 (publicación conmemorativa do 120º aniversario)

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Airiños : Casa de Galicia

Esta revista societaria pretende achegar aos seus socios as noticias da entidade e informacións de interese para eles como os estatutos sociais, as súas diversas actividades, información sobre axudas institucionais, viaxes, excursións, etc. Ademais conta con artigos sobre Galicia e entrevistas a persoas de orixe galega que destacan en distintos ámbitos na rexión.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 0
1989: n. 1
1990: n. 2-3
1991: n. 4-5
2ª etapa:
2000: n. 1
2002: n. 3
2003: n. 4
2004: n. 5
2005: n. 6
2006: n. 7
2007: n. 8
2010: n. 11

Casa de Galicia en Córdoba

O currunchiño : voceiro da Casa de Galicia en Bilbao

Esta publicación societaria ten como finalidade «dar a coñecer as actividades programadas [..] canto aconteza na vida da Casa». Como voceiro da Casa de Galicia de Bilbao a case totalidade dos artigos están dedicados a describir as actividades da asociación, aparecendo seccións como: «Iste, ise, aquel» (biografías de socios), «Imaxes» (fotografías de sociedade), «Información ós socios», «Acordos da xunta», «Festexos», «As nosas actividades», etc.

Números conservados en formato papel:

1992: n. 33-35, 37
1993: n. 39-42
1994: n. 43-45
1995: n. 46-47
1996: n. 48-49
1997: n. 50
1998: n. 51
1999: n. 52
2000: n. 53
2001: n. 55
2002: n. 56
2003: n. 57

Casa de Galicia de Bilbao

Revista de A Nosa Galiza

Este xornal é continuador da revista «A Nosa Galicia» e posteriormente cambia de novo de título, pasando a denominarse «Revista da Sociedade Galega A Nosa Galiza». Foi creada pola sociedade do mesmo nome para informar aos seus socios sobre as súas actividades e diversos temas de interese para a colectividade galega emigrada de Xenebra.

Números conservados en formato papel:

1988: marzal
1990: maio

Sociedade "A Nosa Galiza"

Boletín do Centro Galego de Madrid : Segundo Século

Este boletín societario foi creado coa finalidade de informar das actividades sociais e culturais organizadas polo Centro Gallego de Madrid, recollendo outros aspectos de interese para os seus socios.

Número conservado en formato papel:

1995: febreiro

Centro Gallego de Madrid

Resultados 1 a 20 de 227