Amosando 4 resultados

Descrición arquivística
Subserie
Previsualización da impresión Ver:

A nosa voz : voceiro do Centro Galego de Bruselas

Esta publicación societaria pretende dar a coñecer o labor realizado pola institución e achegar á colonia galega residente en Bruxelas a realidade actual de Galicia. Inclúe basicamente información sobre a situación da colectividade e da entidade editora, así como das actividades organizadas pola mesma: balance económico, eventos recreativos, sociais, culturais, etc. Tamén contén artigos referidos á cultura galega en xeral (música, gastronomía, tradicións, política, economía, historia, etc.). Desde 1995 esta publicación aparece integrada na edición de «El Sol de Bélgica». Está escrita en catro linguas: galego, castelán, francés e flamengo.

Números conservados en formato papel:

1986: n. 2
1987: n. 4-7
1988: n. 8-10
1989: n. 11-14
1990: n. 15-17
1991: n. 19-21, 23
1992: n. 24-28
1993: n. 29
1994: n. 31-32
1995: n. 33-34
1999: n. 40
2003: n. 43
2006: n. 46
2007: n. 47
2008: n. 48-49
2009: n. 50
2010: n. 51-52

Centro Gallego de Bruselas

El Sol de Bélgica : la revista en español de la capital de Europa

Esta revista está editada para mantener informada á colonia española residente en Bélxica sobre as distintas actividades culturais e de ocio que poden desfrutar na cidade de Bruxelas; tamén en colaboración co Centro Gallego desta cidade aparecen unhas páxinas dedicadas ás súas actividades, con pequenas reportaxes sobre Galicia e a súa cultura, gastronomía, festas, etc. Conta con diversas seccións como «Vida Asociativa», «Gente», «Turismo», «No se lo pierda», «Guía del Ocio», «Música», «Reportaje» sobre actos culturais, escritores ou persoeiros españois e belgas, etc.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 11
1996: n. 17, 22
1997: n. 33, 38, 45, 50
1998: n. 56, 63
2001: n. 131

Centro Gallego de Bruselas

La Tentation : Centro Galego

Esta revista cultural está editada polo Centro Galego de Bruselas para informar das diversas actividades multiculturais que se organizan na cidade, centrándose sobre todo nos actos musicais, con entrevistas e reportaxes sobre artistas. Está escrita en alemán e francés. Tamén ofrece información sobre as actividades do centro e sobre os diferentes asuntos que consideran de interese para os galegos residentes no país belga.

Números conservados en formato papel:

1999: xaneiro/febreiro, marzo/abril, maio/xuño
2000: xaneiro/febreiro, marzo/abril, maio
2001: xaneiro, maio

Centro Gallego de Bruselas