Folletos do "Centro Gallego de Barcelona" sobre actuacións teatrais, conservados en formato papel:
1 díptico (214 x 150 mm): A agrupación teatral Valle-Inclán representa "Una noche de primavera sin sueño" de E. Jardiel Poncela o día 20/12/1975.
1 cartaz (tamaño A4): Un grupo do centro representa a comedia "O menciñeiro á forza" de Moliére, traducida por Xosé Manuel Carballo e dirixida por Franciso A. Ferrio, o día 12/05/1975.
1 tríptico (215 x 104 mm): Un grupo do centro representa a obra "Una cigüeña bromista" de Andre Roussin dirixida por Francisco A. Ferrio, o día 12/03/1977.
1 díptico (214 x 150 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Nin me abandonarás nunca" de José G. Posada Curros e Luís de Gálvez, traducida ao galego por Xosé Luis Méndez Ferrín, o día 21/06/1992.
1 díptico (214 x 150 mm): Felicitación de Nadal da Presidenta do Centro Galego de Barcelona na que inclúe o convite a unha cea, e as actuacións previstas para o día 19/12/1993 do grupo de teatro e o coro Lonxe da Terra.
1 tríptico (215 x 103 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Os cravos de prata" de Nicolás Bela na súa versión galega de Francisco Pillado Mayor o día 18/01/1997.
1 díptico (210 x 105 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "O enfermo imaxinario" de Moliére, traducida por Manuel Guede, baixo a dirección de Francisco A. Ferrio, o día 29/11/1997.
1 tríptico (215 x 103 mm): O Centro organiza a representación de "Usted puede ser un asesino" de Alfonso Paso.
1 folla voandeira (98 x 214 mm): Convite aos dous pases da representación da comedia galega "Bicos con lingua" os días 11 e 12 de febreiro de 2005.
Folletos sobre a exposición de pintura organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada na Galería Losada de Montevideo entre o 15 e o 29 de xullo de 1974, con motivo do 10º aniversario social.
Folletos editados polo Centro Galego de Barcelona co programa de actividades con motivo das Festas en honor de Santiago Apóstol no Día da Patria Galega, conservados en formato papel:
Folletos informativos sobre o "Hogar español de Montevideo": misión, visión, edificio, prestacións aos residentes, atención sanitaria, área social, centro de día, xestión e administración, conservados en formato papel.
Dípticos editados polas entidades CajaSur e "Casa de Galicia en Córdoba" para dar difusión ao Certame de Pintura Maestro Mateo, conservados en formato papel:
Folleto con información sobre as entidades precedentes e o Centro Galicia, as súas sedes sociais e deportivas nese momento e a futura sede social (05/1988) (16 páxinas)
Folleto informativo sobre a institución, as actividades culturais e deportivas que desenvolve, as súas instalacións e o anuncio do primeiro centro educativo arxentino-galego (07/1992) (24 páxinas)
Folleto con información mutualista e o programa do Festival Anual de fin de curso de 1993 (28 páxinas)