Showing 11 results

Archival description
Santiago o Maior, Santo File
Print preview View:

Folletos pola festividade do Apóstolo

Folletos editados polo Centro Galego de Barcelona co programa de actividades con motivo das Festas en honor de Santiago Apóstol no Día da Patria Galega, conservados en formato papel:

  • Díptico de 1955 (215 x 150 mm)
  • Folleto de 1974 (206 x 153 mm)
  • Folleto de 1992 (210 x 153 mm)
  • Folleto de 1994 (212 x 153 mm)
  • Tríptico de 1996 (220 x 105 mm)

Centro Gallego de Barcelona

Programas do Día de Galicia en Zarautz

Programas das actividades organizadas pola "Sociedad cultural recreativa Carballeira" con motivo do Día de Galicia de 1986 e 1990. O programa de 1986 está grampado ao programa de actividades editado polo "Ayuntamiento de Zarautz" coas actividades programadas para os meses de xuño a outubro.

Sociedad cultural recreativa Carballeira

Programas das festas de Santiago

Programas das festas de Santiago organizadas pola Casa de Galicia de Santurce, conservados en formato papel:

  • Díptico das festas de 1989
  • Díptico das festas de 1991
  • Díptico das festas de 1992
  • Tríptico das festas de 1995
  • Cartaz das festas de 1995 (445 x 297 mm)
  • Tríptico das festas de 1996
  • Cartaz das festas de 1996 (440 x 315 mm)

Casa de Galicia en Santurce

Folletos dos Capítulos

Dípticos do "Gran Capítulo de A Enxebre e Pelengrina Cofradía da Queimada no País Vasco", conservados en formato papel:

  • Díptico co programa do IX Capítulo (08/12/2002)
  • Díptico co programa do X Capítulo (30/11/2003)
  • Díptico coa oración "O Noso Pai" en 6 linguas para o X Capítulo

Cofradía de la Queimada del País Vasco

Programas de actividades culturais

Folletos de actividades culturais conservados en formato papel:

  • Políptico co programa de actividades organizadas polo "Ayuntamiento de San Sebastian" para marzo de 1990.
  • Folleto co programa de actividades organizadas pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi con motivo do XIII Día de Galicia en Euskadi de 1998.
  • Documentos das actividades organizadas pola Comisión de Festas da Casa Cultural de Galicia en Eibar con motivo do Día das Letras Galegas:
    • Folleto co programa do XX Día (2003)
    • Cartaz do XXII Día (2005)
    • Folleto co programa do XXIII Día (2006)

Casa Cultural de Galicia de Eibar

Programas das xornadas culturais polo Día das Letras Galegas

Programas das actividades culturais organizadas polo Centro Galego de Llodio, conservados en formato papel:

  • Tríptico das xornadas culturais polo Día das Letras Galegas de 1993, adicadas a Eduardo Blanco Amor
  • Díptico das festas polo XXV aniversario societario de 1994
  • Tríptico da presentación do libro "O fume das cinsas" de Antonio Vázquez Tierra no magosto de 1995
  • Díptico do XII festival cultural dos pobos de 1997
  • Tríptico das xornadas culturais polo Día das Letras Galegas de 1998, adicadas a Martin Códax, Mendinho e Xoan de Cangas
  • Díptico das festas en honor ao Apóstolo Santiago no Día da Patria Galega de 1998

Centro Gallego de Llodio

Carta e enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada por Begoña Gómez Hernández, Bibliotecaria da sociedade "Lar Gallego de Pamplona" o día 30/10/1996 a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega, en resposta á súa anterior no que enviaban unha enquisa e solicitude de información societaria.

Adxuntan a enquisa, un número da revista vixente, que incorpora o programa de festas patronais en honor de Santiago Apóstolo e os Estatutos societarios.

Lar Gallego de Pamplona