Folletos informativos nos que se da a coñecer o Instituto Argentino-Gallego "Santiago Apóstol", fruto da colaboración da Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires por medio da Fundación Galicia-América:
Tríptico coa descrición do centro, a proposta educativa, as actividades e os niveis educativos (1998)
Folla voandeira co aviso da nova inscrición e indicación de ensino oficial (2003)
Folleto con información sobre as entidades precedentes e o Centro Galicia, as súas sedes sociais e deportivas nese momento e a futura sede social (05/1988) (16 páxinas)
Folleto informativo sobre a institución, as actividades culturais e deportivas que desenvolve, as súas instalacións e o anuncio do primeiro centro educativo arxentino-galego (07/1992) (24 páxinas)
Folleto con información mutualista e o programa do Festival Anual de fin de curso de 1993 (28 páxinas)
Con motivo do seu 75º aniversario, a sociedade "Centro gallego de Santa Fé" edita un políptico conmemorativo e un programa de actividades. O folleto se conserva en formato papel e dixital.
Ficheiros de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján" dos anos 1955-1964 e da "Sociedad del Valle del Dubra" dos anos 1964-1970, conservados en formato dixital.
Expedientes de escolas financiadas pola sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires".
Conservados en formato orixinal: 2 programas educativos para as súas escolas, Regulamento das escolas publicado no ano 1922, e traballos dos alumnos das escolas financiadas pola sociedade, que inclúen mapas, debuxos, etc.
Conservados en microficha: un inventario de útiles dos anos 1922-1923 e documentación dos anos 1928-1929.