Amosando 28 resultados

Descrición arquivística
Europa Unidade documental composta Emblemas
Opcións de busca avanzada
Previsualización da impresión Ver:

2 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Documentación mutualista

Documentación mutualista do "Centro Unión Orensana de La Habana" conservada en formato papel:

  • Memoria de actividades realizadas durante o ano 1996
  • Emblema societario utilizado durante as décadas 1930-1940
  • Emblema societario utilizado dende 1995

Centro Unión Orensana de La Habana

Diplomas e certificados

Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:

  • Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
  • Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
  • Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
  • Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
  • Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)

Unión Mugardesa

Circulares

Circulares da sociedade "Juventud de Baleira y su Comarca" conservadas en formato papel:

  • Circular coa candidatura (única) para a elección da directiva social (1929)
  • Circular coa orde do día e a convocatoria para asitir a unha reunión da xunta xeral de socios (1940), co emblema societario
  • CIrcular co orde do día e a convocatoria para asitir á toma de posesión da nova Xunta Directiva (1941), co emblema societario
  • Circular coa orde do día e a convocatoria para asitir a unha reunión da xunta xeral de socios (1944), co emblema societario
  • Circular coa orde do día e a convocatoria para asitir a unha reunión da xunta xeral de socios (1948), co emblema societario

Juventud de Baleira y su Comarca

Carta e enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de Aarau, Evaristo Lago, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 13/10/1998, en contestación á súa solicitude de información. Nela informan do seu recente cambio de dirección.

Documentación adxunta:

  • Enquisa "As sociedades galegas no mundo", 8 páxinas, tamaño A4.
  • Portada, índice e primeira páxina do número 1 (set. 1998) da revista "Unión do galego" (fotocopias)
  • Emblema societario (fotocopias)
  • Carné de socio do Presidente (fotocopias)

Grupo Galego de Aarau

Carta coas enquisas "Censo cultural" e "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada o día 04/11/1996 dende a Casa de Galicia en Santurce a María Jesús Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle información solicitada:

  • Enquisa "Entidades" para elaborar o Censo Cultural
  • Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o Censo Cultural
  • Memoria sucinta con datos estatísticos a día 01/02/1995
  • Relación de actividades previstas para o ano 1996
  • Sobre co emblema societario

Casa de Galicia en Santurce

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada polo Presidente do "Centro Galicia de Ponferrada", Eloy Fernández Gómez, o día 25 de outubro de 1996, adxuntando os Estatutos, o anagrama da institución e o díptico coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas", conservados en formato papel.

Centro Galicia en Ponferrada

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a María José Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 07 de novembro de 1996, para remitirlle unha memoria, 2 exemplares da revista Abrente, 4 fotografías, 1 emblema e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta, conservados en formato papel.

Casa de Galicia de Valladolid

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 30 de outubro de 1998, para remitirlle os Estatutos, a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, o emblema societario e un exemplar da revista Abrente, conservados en formato papel.

Casa de Galicia de Valladolid

Resultados 21 a 28 de 28