Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada", César Carrera Gallego, e o emigrado en Miami Antonio García Prado, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada polo Presidente acerca da sociedade de Monterroso (26/02/1969)
Carta recibida polo Presidente acerca da vida cubana en Miami (31/10/1969)
Carta enviada polo Presidente con información sobre as actividades das sociedades de A Golada e Monterroso (09/02/1970)
Carta enviada polo Presidente cun informe de actividades da sociedade (11/02/1971)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica "La Baña y su Comarca", conservado en formato dixital:
Libro con 122 actas dende o 11/12/1953 ata o 06/01/1965 (134 páxinas)
La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica
Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e o Comité de Sociedades Españolas de A Habana, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor do xefe e tripulantes do hidroavión español "Plus Ultra" no vó Palos de Moguer-Arxentina (08/03/1926)
Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor dos damnificados polo ciclón que azoutara a rexión occidental da Illa (30/10/1926)
Carta enviada polos Presidentes do Casino Español, das Asociacións independentes, do Centro Gallego, do Centro Asturiano e da Cámara Española de Comercio con motivo da suscrición a favor da Cidade Universitaria Hispano-Americana en Madrid (10/08/1927)
Listaxe de socios da "Sociedad Hijos de Lestrove" (3 páxinas) conservada en PDF e en microfilme. Manuscrito datado o 19 de xuño de 1943 e asinado polo secretario social, Ramón Mourelle
Libros de actas das reunións da Sección de Propaganda e Festas da sociedade "Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro" correspondentes aos anos 1936-1939, conservados en formato dixital.
Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro
Libro de Actas das reunións da Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Prevediños y sus contornos" de 1921-1937 (383 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Carta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Madrid", Xosé Cimadevila Covelo, ao Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, en resposta á súa solicitude previa de información.
Xunto coa carta envían a enquisa "Censo Cultural" cuberta.
Dípticos editados polas entidades CajaSur e "Casa de Galicia en Córdoba" para dar difusión ao Certame de Pintura Maestro Mateo, conservados en formato papel: