Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo da III festa galega, celebrada os días 22 a 24 de setembro de 2000, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.
Convite á inauguración da exposición de pintura de Mª Paz Illana o día 17/11/1990, organizada pola sociedade "O Penedo Fogar Galego", conservado en formato papel.
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" remitida ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega pola "Agrupación Cultural Gallega Alborada", conservada en formato papel.
Tríptico co programa de actividades do VI concurso de música e baile tradicional galego organizado pola Federación de entidades culturais galegas de Catalunya para o día 05/03/2006, conservado en formato papel.
Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya
Documento mecanoscrito no que se recolectan as noticias aparecidas en prensa sobre a Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, dende 1974 ata 1985, conservado en formato papel.
Carta enviada o día 30/03/2000 por Jaime Souto Capelet, Delegado de Cultura da Casa de Galicia de Bilbao, ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para facerlles chegar unha memoria con información relativa á súa sociedade, conservada en formato papel.
Enquisa "Censo Cultural" relativa a "Entidades" cuberta polo "Club Cultural Español e.V." de Cuxhaven, Alemaña, por iniciativa do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Copia do documento de cesión das escolas do Círculo Habanero ao Concello de Ribadeo (A Devesa, 12 de novembro de 1928), conservada en formato dixital e impreso.
Documentación presentada a consideración da Xunta da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservada en formato dixital e impreso: Memoria anual presentada na Asemblea de socios do 29 de xaneiro de 1928 correspondente a 1927.
Transcrición da acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo) do día 9 de outubro de 1911. Trata da financiación para construír un edificio cívico. Contén o "Legado Pedro Murias".