Carta enviada por Vicente Peña Saavedra, do Departamento de Pedagoxía Sistemática da Universidade de Santiago de Compostela, a Joaquín Alonso, da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" o 26/06/1986, para agradecerlle a súa carta previa e pedirlle información sobre as súas escolas e sobre outras entidades uruguaias.
Carta do Presidente da Asociación, Reginaldo Trigo Carreiro, enviada o 14/10/2005 convidando á celebración dun acto de confraternización interxeracional, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Carta enviada o día 29/10/1996 polo Presidente do "Centro Gallego de México, Asociación Civil", Manuel Martínez Pérez, á Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15/10/1996, solicitando información, conservada en formato papel (fotocopias).
Programa da actuación musical do barítono galego Antón de Santiago no Salón de Actos do Deportivo de Tlahuac o día 02/10/1988, organizado pola Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, a "Fundación Cultural y Social Daniel Suárez" e o "Centro Gallego de México, A. C.", conservado en formato papel.
Regulamentos da sociedade "Club España de Newark", presentados á xunta xeral extraordinaria convocada a tal efecto o día 03/05/1987, conservados en formato papel (fotocopias).
Folleto sobre a exposición de Manuel Otero organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada entre o 11 de xuño e o 2 de xullo de 1993.
Folleto editado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" coa separata do artigo "Galiza existe e resiste" de Xesús Ferro Ruibal publicado no número 13 da revista "Encrucillada".
Libro de rexistro de socios da "Real sociedade espanhola de beneficência", dende o 1 de xaneiro de 1885 ata o 14 de agosto de 2006 (400 páxinas), conservado en formato dixital.
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.
Guía publicada por GRUGALMA Ediciones: "Guía cultural del Camino madrileño-castellano de Santiago : la ruta matritense-centrocastellano-norzamorana, o de la España Central, a Compostela", conservada en formato papel.
Libro de caixa de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" dos anos 1948-1956, do que se dixitalizaron algúns exemplos (3 páxinas), conservados en formato dixital.