Carta enviada dende o Centro Galego Recreativo-Cultural e.V. de Hannover a Juan Castellano Herrero, da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas da Xunta de Galicia, o día 05/04/1994, para informalo da celebración do I Trofeo Xunta de Galicia, conservada en formato papel (fotocopias).
Enquisa "Censo Cultural" relativa a "Entidades" cuberta polo "Club Cultural Español e.V." de Cuxhaven, Alemaña, por iniciativa do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Estatutos da Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión con indicación de que se trata de unha entidade con personería xurídica (36 páxinas) (fotocopiados)
Convite á "Gran Romería Gallega" (28/01/1951) no "Recreo Rivadavia" organizada pola Asociación Unión Residentes de los Ayuntamientos de Vigo y Lavadores
Folla voandeira coa candidatura ás eleccións da directiva da Asociación Unión Residentes de los Ayuntamientos de Vigo y Lavadores en Buenos Aires en xaneiro de 1951