Print preview Close

Showing 247 results

Archival description
A Coruña (Provincia)
Print preview View:

33 results with digital objects Show results with digital objects

Memoria e balance social

Memoria e balance xeral da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Carnota" na que dan conta das súas actividades sociais durante o exercicio de 1942.

Hijos del ayuntamiento de Carnota

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da Sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Buján", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende 1921 ata 1925 (38 páxinas)
  • Libro de rexistro dende 1927 ata 2002. Dixitalizado dende 1927 ata 1955 (65 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Buján, Sociedad de instrucción, beneficencia y recreo

Estatutos

Estatutos de la Asociación de Puentedeume y su Partido Judicial, recreo y beneficencia, conservados en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:

Estatutos aprobados o 21/07/1944: dixitalizadas e impresas as páxinas 1-5 e 36-39.

Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da sociedade "Puentedeume y su Partido Judicial" dende 1974 ata 2002, dixitalizado dende 1974 ata 1997 (18 follas), conservado en formato dixital.

Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo

Fotografías

Fotografías tomadas durante as actividades da sociedade "Puentedeume y su Partido Judicial": Xunta Directiva "Eumeses", Xunta Xeral, Panteón Agustín Gual Tella, excursións, certificados, etc., conservadas en formato dixital.

Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo

Estatutos de Naturales de Ortigueira

Estatutos xerais da sociedade "Naturales de Ortigueira":

  • Estatutos aprobados os días 25-26/10/1941 (90 páxinas), conservados en formato dixital e impreso.
  • Estatutos aprobados o día 14/12/1944 (101 páxinas), conservados en formato dixital e impreso.
  • Estatutos aprobados os días 08-22/05/1957 (122 páxinas), conservados en formato papel (fotocopias)

Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de Actas das reunións das Xuntas Xerais da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro de actas dende 23/06/1921 ata 1949: dixitalizado ata o 29/12/1939, actas 1-94 (277 páxinas)
  • Libro de actas dende 1949 ata 1965: só dixitalizada a primeira acta, do día 28/07/1949 (3 páxinas)
  • Libro de actas dende 1965: só dixitalizada a primeira acta, do día 30/04/1965 (3 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Fotografías

Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira": tomas de posesión, actos, comidas, etc., conservadas en formato dixital.

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Acta de constitución da Delegación

Acta de constitución da Delegación nas Pontes de García Rodríguez o día 21/01/1923, conservada en formato dixital

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Documentación do Panteón no Cemiterio de As Pontes de García Rodríguez

Documentación relativa ao Panteón "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" no Cemiterio de As Pontes de García Rodríguez, conservada en formato dixital:

  • 1 relación de persoas que contribuíron na constucción do novo cemiterio nas Pontes
  • 1 relación das doazóns acadadas para a construcción (1922-1925)
  • 1 relación de gastos aboados pola Comisión enargada da súa construcción (1922-1925)
  • 1 carta sobre as obras no novo cemiterio (1923)
  • 1 informe sobre o cemiterio de Ortigueira
  • 1 acta da reunión celebrada nas Pontes con motivo da construcción do Panteón (1924)
  • 1 informe do arquitecto (1926)
  • 1 regulamento polo que se rexirá o novo cemiterio
  • 4 planos
  • 1 certificado de cesión dun terreo (1931)
  • 1 certificado de cesión dun terreo (1937)
  • 1 carta sobre o terreo do cemiterio de As Pontes, as escolas de San Mamede e Deveso e as contas do Banco Pastor
  • 7 certificados sobre a construcción do Panteón (1967-1969)
  • 1 proxecto (1968)
  • 1 memoria (1968)
  • 1 pliego de condicións económico-administrativas (1968)
  • 3 números do Boletín Oficial da Provincia da Coruña (1968)
  • 1 acta do Pleno municipal (1968)
  • 1 orzamento (1968)
  • 1 acta da subasta (1968)
  • 1 factura (1969)
  • 15 cartas sobre o cemiterio, o proxecto de construcción, o orzamento, o prego de contratación, a entrega oficial do Panteón, etc. (1968-1969)
  • 1 informe da aportación económica do Concello de As Pontes (1969)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Correspondencia

Correspondencia mantida entre a "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez" e a Delegación da mesma en As Pontes, entre outros, conservada en formato dixital.

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende 1912 ata 1924 (294 páxinas)
  • Libro de rexistro dende 1928 ata 1958 (24 follas)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Results 201 to 220 of 247