Na asemblea do 26 de decembro de 1915 prodúcese unha escisión na Federación de Residentes de Teo, froito da cal é a aparición desta revista o 10 de marzo de 1916. Aínda que os seus contidos non difiren moito da revista «Teo», obsérvase unha maior preocupación galeguista nesta publicación, sobre todo nos seus colaboradores. Como lema da revista figura na súa portada «Por Galicia. Por el trabajador de la tierra gallega», como unha clara manifestación ideolóxica. Ademais de artigos de defensa do agrarismo e dos intereses do distrito electoral de Padrón, hai tamén información sobre a marcha das sociedades de emigrantes da comarca de Santiago e doutras zonas de Galicia existentes en Bos Aires (son as seccións «Nuestras sociedades» e «Sociedades Regionales»). Outras seccións serían «Temas de siempre», «Reflexiones» de J. Buela, ou «Orientaciones» de Cándido Mogo entre outras.
Números conservados en formato papel (fotocopias):
1916: n. 1-10
1917: n. 11-22
1918: n. 23-34
1919: n. 35-46
1920: n. 47-58
Números conservados en formato microficha:
1916: n. 1-2
1917: n. 11
1918: n. 26