Print preview Close

Showing 1218 results

Archival description
América do Sur Emigración galega
Print preview View:

60 results with digital objects Show results with digital objects

Centro Gallego de Campana

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

8 libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade dos anos 1912-1962
Libro de rexistro de socios da sociedade dos anos 1915-1931

Centro Gallego de Campana

Hijos del ayuntamiento de la Peroja y su distrito

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme e dixital:

Libro de Actas das Reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios da sociedade dos anos:

  • 1919-1925 (191 páxinas)
  • 1925-1931 (167 páxinas)

Libro de Actas das Reunións da Comisión Directiva da sociedade dos anos:

  • 1931-1934 (pp. 198-384 páxinas)

Hijos del ayuntamiento de la Peroja y su distrito

Correspondencia enviada

Cartas enviadas pola sociedade "Ateneo Curros Enríquez" durante os anos 1944, 1952-1956 e 1958-1970, conservadas en formato microficha.

Ateneo Curros Enríquez

Estatutos

Acta da reunión da Asemblea de Socios da sociedade "Unión Quiroguesa y sus distritos" do día 19/06/1938 cos Estatutos (7 páxinas)

Unión Quiroguesa y sus distritos

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de actas das Reunións da Comisión Directiva da sociedade "Organización republicana galega autónoma", conservado en formato microfilme:

  • 1930: 22 (acta de constitución), 25 e 27 de abril; 9, 11, 16, 23 e 30 de maio; 11, 18 e 25 de agosto; 1, 13, 22 e 29 de setembro; 13 e 27 de outubro; 10, 17, 19 e 24 de novembro; 1 e 22 de decembro
  • 1931: 9, 12 e 19 de xaneiro; 2, 9, 16 e 23 de febreiro; 2, 9, 20 e 30 de marzo; 6, 13, 20 e 27 de abril; 4, 11, 18 e 25 de maio; 1, 8, 15 e 27 de xuño; 6, 13 e 20 de xullo

Organización republicana galega autónoma

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de actas das Reunións das Asembleas de Socios da sociedade "Organización republicana galega autónoma", conservado en formato microfilme:

  • 1930: 22 (acta de constitución), 25 e 27 de abril; 9, 11, 16, 23 e 30 de maio; 11, 18 e 25 de agosto; 1, 13, 22 e 29 de setembro; 13 e 27 de outubro; 10, 17, 19 e 24 de novembro; 1 e 22 de decembro
  • 1931: 9, 12 e 19 de xaneiro; 2, 9, 16 e 23 de febreiro; 2, 9, 20 e 30 de marzo; 6, 13, 20 e 27 de abril; 4, 11, 18 e 25 de maio; 1, 8, 15 e 27 de xuño; 6, 13 e 20 de xullo

Organización republicana galega autónoma

Orzán : Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires

Publicación societaria, dirixida por Bieito Cupeiro, na que aparecen artigos e informacións sobre o Centro Coruñés; abundan os traballos e as colaboracións sobre Galicia e a súa historia, fragmentos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo, ademais de numerosa publicidade.

Número conservado en formato microfilme:

1946: n. 2

Número conservado en formato papel:

1952: n. 5

Números conservados en formato dixital:

1952: n. 5
1954: n. 6
1955: n. 7
1956: n. 8

Centro Coruñés de Buenos Aires

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme:

Libros de actas das Reunións da Comisión Directiva dos anos 1942-1944 e 1952-1962

Conservada en formato facsímil:

Revista "Lérez"

Conservada en formato microfilme e papel:

Xornal "Opinión Gallega"

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

El Orensano : Periódico galego

Este xornal foi editado polo Centro Orensano para informar do labor societario da entidade e da situación da colectividade, caracterizándose polo seu enfrontamento coa Federación de Sociedades Gallegas e o proxecto de impulsar a unión das pequenas sociedades parroquiais e comarcais en centros provinciais. Presta tamén unha especial atención ás novas de actualidade política, adoptando unha clara orientación galeguista e republicana, destacando a sección «Panorama» na que se analiza a política internacional no contexto do final da Guerra Mundial e as posibilidades da caída do rexime franquista. Complétase con artigos sobre a provincia de Ourense, Galicia e a súa cultura, e diversas colaboracións literarias. Estivo dirixido por Rodolfo Prada, destacado galeguista.

Número conservado en formato microfilme:

1944: n. 1-4
1945: n. 5-28

Centro Orensano de Buenos Aires

Lar : Revista Mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad Hospital Gallego

Esta publicación societaria aborda basicamente temas de interese para os asociados (novas autoridades, servizos facultativos, memorias sociais, programa de actos, movemento de socios, etc.), ademais de contar con algúns artigos culturais e divulgativos, entre os que destaca a sección «Divulgación científica». Con motivo do Día de Galicia editan números extraordinarios, nos que colaboran numerosos intelectuais galegos con artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, as relacións hispano-arxentinas e numerosos traballos de creación literaria.

Números conservados en formato papel:

1951: n. 207/208 (orixinal) con memoria e balances do exercicio de 1950, n. 213 (fotocopias)
1953: n. 236/237 (fotocopias)

Hospital Gallego, asociación gallega de beneficencia y mutualidad

Results 561 to 580 of 1218