Enquisa "Censo Cultural" relativa e medios de comunicación, cuberta pola sociedade "Promoción de la Cultura Gallega" a iniciativa do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
A sociedade Promoción da Cultura Galega de Zürich envía a enquisa "As Sociedades Galegas no Mundo" cuberta a iniciativa do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (19/05/1999).
Este boletín social foi editado pola sociedade do mesmo nome co fin de conmemorar o 25 aniversario fundacional e dan a coñecer os actos que organizan entre a colectividade galega e española asentada en Zürich.
Cartas enviadas pola Sociedade "A Nosa Galiza" aos centros galegos na Suíza, conservadas en formato papel:
Carta enviada o 30/08/1980 para informar do Congreso da Federación Mundial de Sociedades Galegas (FMSG) celebrado os días 16-18/08/1980 en A Coruña. Por unanimidade expresan o seu rechazo ao Estatuto de Autonomía e aportan modificacións. Inclúe o texto da ponencia que a Sociedade "A Nosa Galiza" vai a dar no congreso.
Carta enviada o 19/10/1980 para informar da xuntanza da Comisión Preparatoria para a celebración do Congreso Constituínte da Federación de Sociedades Galegas na Suíza (FSGS), que se celebrará o 29/11/1980.
Boletín societario editado polo centro A Nosa Galiza de Xenebra, con motivo da celebración anual das festas de San Xoán, para informar aos seus socios das actividades festivas organizadas con tal fin.
Números conservados en formato papel:
2000: 13ª festa 2001: 14ª festa 2003: 16ª festa 2010: 22ª festa 2012: 25ª festa
Carta enviada o 26/11/1980 por Carlos Xohan Díaz, da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, á Presidencia do Congreso da fundación da FSGS, coa proposta de modificacións do borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), conservada en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola Federación de Sociedades Galegas na Suiza a iniciativa do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (19/05/1999), conservada en formato papel.
Fichas de altas e baixas de socios da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".
Conservadas en formato dixital:
Fichas de baixas: 9.026 fotogramas das fichas relativas ás baixas de socios da entidade dende a súa fundación, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á Z.
Fichas de altas: 245 fotogramas das fichas relativas ás altas de socios da entidade, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á C.
Fichas de exiliados: Ramón Fernández Mato e José Rubia Barcia: 4 fotogramas