Showing 5 results

Archival description
Casa de Galicia en Santurce File
Print preview View:

Carta coas enquisas "Censo cultural" e "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada o día 04/11/1996 dende a Casa de Galicia en Santurce a María Jesús Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle información solicitada:

  • Enquisa "Entidades" para elaborar o Censo Cultural
  • Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o Censo Cultural
  • Memoria sucinta con datos estatísticos a día 01/02/1995
  • Relación de actividades previstas para o ano 1996
  • Sobre co emblema societario

Casa de Galicia en Santurce

Programas das festas de Santiago

Programas das festas de Santiago organizadas pola Casa de Galicia de Santurce, conservados en formato papel:

  • Díptico das festas de 1989
  • Díptico das festas de 1991
  • Díptico das festas de 1992
  • Tríptico das festas de 1995
  • Cartaz das festas de 1995 (445 x 297 mm)
  • Tríptico das festas de 1996
  • Cartaz das festas de 1996 (440 x 315 mm)

Casa de Galicia en Santurce

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada o 09/11/1998 polo Presidente da Casa de Galicia en Santurce a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle cuberta a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.

Casa de Galicia en Santurce

Documentos da semana cultural das letras galegas

Documentos da semana cultural das letras galegas organizada pola Casa de Galicia de Santurce, conservados en formato papel:

  • Tríptico co programa da semana de 1991, en homenaxe a Álvaro Cunqueiro Mora
  • Convite á conferencia celebrada o 17/05/1991
  • Convite á obra de teatro celebrada o 18/05/1991
  • Tríptico co programa da semana de 1992, en homenaxe a Fermín Bouza-Brey
  • Tríptico co programa da semana de 1993, en homenaxe a Eduardo Blanco-Amor
  • Tríptico co programa da semana de 1994, en homenaxe a Luis Seoane
  • Cartaz co programa da semana de 1994, en homenaxe a Luis Seoane (495 x 343 mm)
  • Díptico co programa da semana de 1995, en homenaxe a Rafael Dieste
  • Tríptico co programa da semana de 1996, en homenaxe a Xesús Ferro Couselo

Casa de Galicia en Santurce