Showing 3 results

Archival description
Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego España File Cartas
Print preview View:

Carta enviada aos socios

Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
  • Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
  • Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
  • Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Correspondencia enviada polo Presidente da Peña

Correspondencia enviada pola Peña Galega de Munich.

Conservada en formato papel (orixinal):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 22/02/1980, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.
  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 20/01/1981, a propósito dunha xuntanza.

Conservada en formato papel (fotocopias):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Eliseo Barbeito Naya o 03/01/1981, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.

Peña Gallega de Munich