Showing 328 results

Archival description
Europa Publicacións
Print preview View:

2 results with digital objects Show results with digital objects

Publicacións pola festividade do Apóstolo

Folletos editados con motivo da festividade do Apóstolo, conservados en formato papel:

  • Díptico "Festividades do Apóstolo Xacobeo '99", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Díptico "Exposiçao Aquarelas : Antonio Lobo" (2001)
  • Tríptico "Festival Santiago Apóstol Caballeros de Santiago 2001", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Políptico "Festividades Santiago Apóstolo 2007", co programa de actos.

Vídeo con motivo da festividade do Apóstolo do ano 2007, conservado en formato DVD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Publicacións "Presencia gallega Argentina-España"

Libros editados pola "Asociación Cultural de la Vieira" relativos aos Capítulos da "Enxebre Orde da Vieira", conservados en formato papel:

  • Anuario da Vieira 1985 : XVIII Cabildo Xeral : Viernes-Sábado de Antroido, 15 de febrero, 217 páxinas.

  • Anuario da Vieira 1986, [198]7 : XIX Cabildo Xeral : Viernes-Sábado de Antroido, 7 de febrero de 1986: XX Cabildo Xeral : Viernes-Sábado de Antroido, 27 de febrero de 1987, 230 páxinas.

  • Anuario da Vieira 1988 : XXI Cabildo Xeral : Viernes-Sábado de Antroido, 12 de febrero de 1988, 224 páxinas.

  • Anuario da Vieira 1989 : XXII Calbildo [i.e. cabildo] Xeral : Viernes-Sábado de Antroido, 3 de febrero de 1989, 288 páxinas.

  • Anuario da Vieira 1990 : XXIII Calbildo [i.e. cabildo] Xeral : Viernes - Sábado de Antroido, 23 de febrero de 1990 Madrid, 276 páxinas.

  • Anuario da Vieira 1991 : XXIV Cabildo Xeral : Viernes-Sábado de Antroido, 8 de febrero de 1991, Madrid, 302 páxinas.

  • Anuario da Vieira 1992 : XXV Cabildo Xeral : Sábado de Antroido, 29 de Febrero 1992, 382 páxinas.

  • Anuario da Vieira 1993 : XXVI Cabildo Xeral, Madrid, viernes 19 de febrero 1993 : Cabildo extraordinario Xacobeo, Santiago de Compostela, 13 de Agosto 1993, 364 páxinas.

  • Galicia y la comunicación : el XXVII Capítulo General (1994) de la Enxebre Orde da Vieira informa sobre el nivel actual de las telecomunicaciones y medios de comunicación social en Galicia, 425 páxinas.

  • De Galicia calidad : XXVIII Capítulo General (1995) de la Enxebre Orde da Vieira

  • Galicia y la universidad : XXIX Capítulo General (1996) : XXX Capítulo General (1997) de la Enxebre Orde da Vieira, 515 páxinas.

  • Capítulo Extraordinario en Buenos Aires, (diciembre 2000) : Encuentro en San Sebastián (noviembre 2001) : XXXIV Capítulo General, dedicado a personalidades gallegas en el umbral del nuevo milenio (marzo 2001) : XXXV Capítulo general dedicado al nobel gallego Don Camilo José Cela (marzo 2002), 294 páxinas.

  • Galicia, mar y cielo : XXXVI Capítulo general dedicado a la Galicia Marinera, Madrid, 14 de Marzo 2003 : XXXVII Capítulo general, dedicado al Xacobeo 2004, Madrid, 13 de Marzo 2004 : Capítulo Extraordinario en el Camino de Santiago, Villalcázar de Sierga (Palencia), 12 de junio 2004 : Capítulo Jubilar dedicado al Santo Patrón de España en el primer Año Santo Xacobeo del siglo XXI, Santiago de Compostela 14 de Agosto 2004, 339 páxinas.

  • Lembrando Galicia : XXXVIII Capítulo General, Madrid 2005 : XXXIX Capítulo general, Madrid 2006 : Capítulo Extraordinario dedicado al Año Santo Lebaniego, Liébana-Potes, Junio 2006, 401 páxinas.

Enxebre Orde da Vieira

Convites

Convites a xuntanzas no Hotel Mindanao de Madrid, conservados en formato papel:

  • Almorzo (09/02/1991)
  • Almorzo Coloquio (20/02/1993)
  • Copa de vino galego (12/02/1994)
  • Cea homenaxe a Francisco Díaz Rey, primer Director da Casa de Galicia

Enxebre Orde da Vieira

Folletos do Aniversario da Casa de Galicia

Folletos editados polas entidades CajaSur e "Casa de Galicia en Córdoba" con ocasión do 10º aniversario societario, conservados en formato papel:

  • Tríptico con información sobre o Certame xuvenil de poesía, pintura e fotografía CajaSur - Casa de Galicia
  • Convite co programa do Acto Poético celebrado o 18/10/1996

Casa de Galicia en Córdoba

Lar Gallego de Sevilla

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (1997)
Programa das XXVII Xornadas Galegas (1986)
Programa das XLI Xornadas Galegas (2000)
Revista "Anduriña : Portavoz del Lar Gallego de Sevilla"

Lar Gallego de Sevilla

Casa de Galicia de Valladolid

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (1994)
3 cartas
4 enquisas
2 emblemas
Folleto "Muestra colectiva de pintura" (1983)
Texto "Miradoiro : (guía poética de Galicia)" (1990)
Revista "Abrente"

Casa de Galicia de Valladolid

Casa de Galicia en León

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (1988)
Regulamentos (1988)
Carta do Presidente do centro, Constantino Fernández Vázquez
Folleto sobre o VI concurso de relatos en lingua galega e española
Folleto publicitario das instalacións do centro
"Boletín Informativo"
Boletín "En Letras"

Casa de Galicia en León

Folletos sobre presentacións de libros

Folletos publicitarios e convites sobre presentacións de libros, conservados en formato papel:

  • Folla voandeira (95 x 214 mm): Convite á presentación do libro "Sueños y secretos de una saga" o 17/06/2006.
  • Díptico (96 x 213 mm): Convite á presentación do libro "O estado e a política en tempos de globalización" o 17/11/2006.
  • Díptico (100 x 213 mm): Convite á presentación do libro "Coloquio-homenaxe a Xosé Lois García" o 10/02/2007.
  • Políptico (210 x 210 mm): Publicidade da publicación en 2008 do libro "Máis que nós, ninguén" con motivo do 115º centenario do Centro Galego de Barcelona, co texto en galego, castelán e catalán.

Centro Gallego de Barcelona

Folletos sobre actuacións teatrais

Folletos do "Centro Gallego de Barcelona" sobre actuacións teatrais, conservados en formato papel:

  • 1 díptico (214 x 150 mm): A agrupación teatral Valle-Inclán representa "Una noche de primavera sin sueño" de E. Jardiel Poncela o día 20/12/1975.
  • 1 cartaz (tamaño A4): Un grupo do centro representa a comedia "O menciñeiro á forza" de Moliére, traducida por Xosé Manuel Carballo e dirixida por Franciso A. Ferrio, o día 12/05/1975.
  • 1 tríptico (215 x 104 mm): Un grupo do centro representa a obra "Una cigüeña bromista" de Andre Roussin dirixida por Francisco A. Ferrio, o día 12/03/1977.
  • 1 díptico (214 x 150 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Nin me abandonarás nunca" de José G. Posada Curros e Luís de Gálvez, traducida ao galego por Xosé Luis Méndez Ferrín, o día 21/06/1992.
  • 1 díptico (214 x 150 mm): Felicitación de Nadal da Presidenta do Centro Galego de Barcelona na que inclúe o convite a unha cea, e as actuacións previstas para o día 19/12/1993 do grupo de teatro e o coro Lonxe da Terra.
  • 1 tríptico (215 x 103 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Os cravos de prata" de Nicolás Bela na súa versión galega de Francisco Pillado Mayor o día 18/01/1997.
  • 1 díptico (210 x 105 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "O enfermo imaxinario" de Moliére, traducida por Manuel Guede, baixo a dirección de Francisco A. Ferrio, o día 29/11/1997.
  • 1 tríptico (215 x 103 mm): O Centro organiza a representación de "Usted puede ser un asesino" de Alfonso Paso.
  • 1 folla voandeira (98 x 214 mm): Convite aos dous pases da representación da comedia galega "Bicos con lingua" os días 11 e 12 de febreiro de 2005.

Centro Gallego de Barcelona

Programa do concerto de clausura da Universidade de Barcelona do curso 2001-2002

Programa do concerto de clausura do curso 2001-2002 da "Universitat de Barcelona" (UB) levado a cabo polo Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB) : "Homenaxe á música dos pobos peninsulares e latinoamericanos no ano das letras galegas adicadas a frei Martín Sarmiento", conservado en formato papel.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Asociación Cultural Cova da Serpe

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Enquisa censo cultural, Entidades
Cartaz do V Festival Musical Galego (1990)
Folleto do VIII Festival Musical Galego (1993)
Díptico do XXII Festival Musical Galego (2007)
Revista "Arxela : Voceiro da Asociación Cultural "Cova da Serpe" de Barcelona"

Asociación Cultural Cova da Serpe

Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Folleto da festa galega celebrada con motivo das Letras Galegas de 1991
Díptico da festa galega celebrada con motivo das Letras Galegas de 2007
Revista "O Hórreo : Revista de cultura do Centro Airiños da Nosa Galicia"

Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia

Folleto do Día das Letras Galegas

Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo do Día das Letras Galegas de 2007, celebrada os días 28 e 29 de abril, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.

Agrupación Cultural Galega Agarimos

Results 221 to 240 of 328