Amosando 570 resultados

Descrición arquivística
Publicacións periódicas
Previsualización da impresión Ver:

1 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Círculo Español : Boletín informativo

Esta publicación societaria foi editada polo Círculo Español de Nova York, para informar aos seus socios da vida societaria da entidade (balance económico, memoria social, actividades, ...). Conta ademais con noticias sobre a situación da colectividade hispana no país, pasatempos e noticias de actualidade.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 32

Círculo Español de Nueva York

Chispa : Revista Federal

Esta publicación societaria está editada para informar das actividades da entidade editora e das sociedades que integran dita asociación, ante a colectividade española residente en Suíza tal e como destacan na súa editorial «CHISPA se ocupará de todo aquello que tiene algo que ver con nuestra vida de españoles emigrados; unas veces para presentar sus programas, inquietudes y posiciones propias, otras veces, para recoger todo aquello que viniendo de fuera, tiene relación con el mundo ATEES».

Números conservados en formato papel:

1983: n. 1
1995: novembro/decembro (fotocopias)

Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza

Centro Unión Orensana de La Habana

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Regulamento (1940) (fotocopias)
Regulamento (1995) (fotocopias)
1 carta e 1 enquisa
1 memoria
2 emblemas
Boletín "Orensanos : Boletín del Centro Unión Oresana de La Habana"
Memoria "El Orensano"

Centro Unión Orensana de La Habana

Centro Social Betanzos : Fiestas de San Roque

Este boletín foi editado con carácter anual para conmemorar a festividade do patrón de Betanzos, San Roque, e para informar das diversas actividades organizadas pola entidade para celebrar estas festas tan senlleiras desta vila galega.

Números conservados en papel:

1935
1936

Centro Betanzos

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme:

Libros de actas das Reunións da Comisión Directiva dos anos 1942-1944 e 1952-1962

Conservada en formato facsímil:

Revista "Lérez"

Conservada en formato microfilme e papel:

Xornal "Opinión Gallega"

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Centro partido de Carballino

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

Estatutos (1957)
Enquisa do CCG "Censo cultural" (Entidades)
Un número da revista "O Arenteiro"

Centro partido de Carballino

Centro Orensano de Buenos Aires

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade (1941-1962)
Libros de actas das reunións da Subcomisión de Festas (1951-1956)

Conservada en formato microfilme:

Libros de Actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade (1941-1979)
Xornal "El Orensano"

Conservada en formato papel:

Revista "Ronsel"
Programa do "Concierto Folklórico de arte, música y canto coral popular gallego" organizado pola sociedade para o día 01/10/1947

Conservada en formato microfilme e papel:

Xornal "Opinión Gallega"

Conservada en formato dixital:

Memoria e balance do ano 1949

Centro Orensano de Buenos Aires

Centro Noya-Rianxo, Asociación Civil

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos de 1987 (fotocopias)
1 partitura musical (fotocopias)
3 números da revista "As Rías Baixas"
1 número do boletín "Centro Noya Rianxo" (fotocopias)
1 número do boletín "Centro Noia-Rianxo : boletín"

Conservada en formato dixital:

1 partitura musical

Centro Noya - Rianxo, asociación civil

Centro Noya Rianxo

Publicación societaria onde informan das diversas actividades da entidade, con artigos sobre a colectividade, artigos sobre Galicia e persoeiros destacados, etc.

Número en papel (fotocopia):

1988

Centro Noya - Rianxo, asociación civil

Centro Lucense de Buenos Aires

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

Libro de actas da Comisión Directiva (1943-1946)
Libros de actas das Xuntas Executivas (1946-1952)
Libro de actas das Asembleas de socios (1943-1971)
Correspondencia (1948-1952)
Libro de rexistro de socios (1949-1973)
Impresos varios

Conservada en formato microfilme:

Publicación "Lugo"

Conservada en formato papel:

Folleto "Páginas gallegas de Juana de Ibarbourou" (1968)
Folleto "Centro Lucense de Buenos Aires"
Programa de actividades organizadas pola Comisión de Cultura do Centro Lucense con motivo do Día das Letras Galegas de 1968

Centro Lucense de Buenos Aires

Centro Lalín, Golada y Silleda de Buenos Aires

Esta revista societaria informa sobre as actividades da sociedade creada polos emigrantes da comarca do Deza residentes en Bos Aires e das noticias de Galicia. Contén ademais noticias sobre os concellos da comarca.

Números conservados en papel:

  • 2001
  • 2004
  • 2005
  • 2006

Centro Lalín de Buenos Aires

Centro Lalín de Buenos Aires

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Libro de actas das reunións da Comisión Directiva (1982-1987)
Estatutos (20/09/1982)
Documentación da Comisión Pro-Unidad: proposta das sociedades lalinenses para facer a fusión (1979) e convenio de fusión das sociedades do Partido de Lalín (1980)
Carta enviada ao Presidente da Sociedade "Hijos de Golada" informando sobre a creación do centro e a súa posible adhesión (1982)
"Ofrenda de los Ayuntamientos del Partido Judicial de Lalín, a Nuestra Señora del Refugio, La Divina Peregrina" (1959)
Discurso de Xosé Cuíña Crespo, Presidente da Deputación de Pontevedra, ante Raúl R. Alfonsín, Presidente de Arxentina, publicado en Bos Aires en 1988
3 convites a actividades recreativas
Revista "Lalín"
Revista "Centro Lalín de Buenos Aires"
Revista "Centro Lalín, Golada y Silleda de Buenos Aires"

Conservada en formato microficha:

Actas da Comisión Intersocietaria das Sociedades do Partido de Lalín dos anos 1950-1951

Centro Lalín de Buenos Aires

Centro Lalín de Buenos Aires

Esta revista está editada polo Centro Lalín de Bos Aires para informar sobre as actividades da entidade e das noticias de Galicia e da comarca do Deza aos seus socios.

Números conservados en papel:

  • 1997: xullo
  • 1998: setembro

Centro Lalín de Buenos Aires

Resultados 341 a 360 de 570