Boletín oficial editado pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Carnota para informar aos seus socios das actividades da sociedade, aparecendo noticias do seu concello natal e de Galicia.
Este fondo consta de: Cartafol 1: Estatutos sociais (10-02-1992) (fotocopias) Cartafol 2: Revista "Hijos del Ayuntamiento de Porto do Son" (2006); "Porto do Son: 80º Aniversario 1918-1998" (orixinais) Cartafol 3: "Asociación Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son", nº 8, decembro 2002 (orixinal)
Publicación societaria editada por esta asociación de emigrantes, onde a directiva informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas na actualidade pola entidade.
Esta revista societaria foi editada con carácter anual para informar aos socios da entidade editora das súas actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.
A Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959
Libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade "Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo" dos anos 1934-1936 e 1936-1943, conservados en formato microfilme e dixital.
Esta revista societaria foi editada para informar sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade editora, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos arredor da mesma. Complétase con artigos histórico-culturais e algunha composición poética.
Conservada en formato microfilme e dixital: ACTA de constitución (18 de maio de 1913) Correspondencia dos anos 1912-1916, 1923, 1925-1926 e 1938-1940. Listaxe de socios da "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro" do ano 1937. Regulamento publicado en 1936.
Conservada en formato dixital:
Libros de actas das reunións da Sección de Propaganda e Festas correspondentes aos anos 1936-1939. Emblema societario.
Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro