Showing 248 results

Archival description
América Cartas
Print preview View:

11 results with digital objects Show results with digital objects

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada pola Sociedade "Curros Enríquez del Partido de Celanova" para ofrecer un salón para actividades (19/01/1955)
  • Carta enviada polo "Comité de Ayuda al Patronato Rosalía de Castro" sobre unha aportación económica (29/09/1955)
  • Carta enviada por CIFESA sobre a presentación do film "Viento del Norte" (15/11/1955)
  • Carta enviada polo Banco Gelats sobre a "Homenaje de los Españoles y sus Hijos a la República de Cuba" (20/01/1956)
  • Carta enviada pola sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" coa invitación a celebrar o seu aniversario (09/1972)
  • Carta enviada pola sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Capela" coa invitación para celebrar o seu 51º aniversario (31/07/1979)

Hijos del Partido de Lalín

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Agrupación artística gallega", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada por José Fernández Prieto, do Café "El Central", o 27/06/1927 para solicitar un exemplar do Regulamento da sociedade

Agrupación artística gallega

Correspondencia mantida coa Delegación en Mañón

Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e a súa Delegación en Mañón, A Coruña, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta que informa de movementos da Delegación (28/11/1923)
  • Carta que informa da Xunta Xeral Ordinaria (18/12/1923)
  • Carta que informa sobre as xestións do Plantel Escolar (19/12/1923)
  • Carta co balance do ano 1925 (10/01/1926)
  • Carta que informa da ubicación da escola (15/03/1926)
  • Carta que informa de asuntos escolares (15/04/1926)
  • Carta co balance trimestral e co informe da ubicación da escola (17/06/1926)
  • Carta que informa de asuntos escolares (20/09/1926)
  • Carta co balance do primeiro trimestre de 1927 (10/04/1927)
  • Carta que informa da construcción de escolas (16/06/1927)
  • Carta que informa da construcción de escolas (16/09/1927)
  • Carta que informa da construcción de escolas (23/01/1933)
  • Carta co balance e co informe do traslado de escolas (21/02/1933)
  • Carta que informa do traslado da escola da Casa do Polo (22/03/1933)
  • Carta que responde sobre a construcción e o traslado de escolas (09/04/1933)
  • Carta sobre a indemnización ao mestre da escola (14/04/1933)
  • Carta que informa sobre as escolas xestionadas pola sociedade (14/05/1933)
  • Carta que responde sobre a indemnización (20/05/1933)
  • Carta que informa sobre o mestre Bernardino Piquerías (24/06/1933)
  • Carta que informa sobre a Casa de Segade (27/06/1933)
  • Carta co balance do ano 1933 (10/12/1933)

La Unión Mañonesa

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada"

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada":

Conservada en formato dixital e impreso:

  • 1 carta enviada en 1958 polo Alcalde de Xermade, Celestino Pardo Vázquez.
  • Carta enviada dende a empresa Rivera y Cía. á sociedade sobre unhas xardineiras do seu Panteón (21/05/1959)
  • 3 cartas enviadas ó longo do ano 1959 polo mestre de Roupar, Benito López García, á Sociedade.
  • Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos de Roupar, Manuel Fernández Pardo, ao Director, Lázaro Seco Alonso (25/08/1959)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Unión Residentes de Dodro" durante os anos 1940-1947, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión Residentes de Dodro

Correspondencia de saída

Correspondencia enviada pola "Sociedad Parroquias Unidas de Cotovad en Buenos Aires conservada en formato microfilme e dixital.

Sociedad parroquias unidas de Cotovade

Correspondencia varia

Correspondencia da sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires".

Conservada en papel a correspondencia dos anos 1932-1957.

Conservada en microficha a correspondencia dos anos 1940-1953.

Conservada en dixital a correspondencia dos anos 1941-1942.

Conservada en microfilme a correspondencia dos anos 1940-1942.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Carta de Luciano R. Vidueiros

Carta enviada polo secretario do "Centro Lalín de Buenos Aires" o día 21/10/1982 ao Presidente da Sociedade "Hijos de Golada" informando sobre a creación do centro e a súa posible adhesión.

Centro Lalín de Buenos Aires

Correspondencia enviada

Correspondencia enviada pola sociedade "Unión Progresista del Distrito de Covelo" conservada en formato microfilme e dixital nos anos 1928-1942, 1944-1948, 1951-1953

Unión progresista del distrito de Covelo

Correspondencia enviada

Cartas enviadas pola sociedade "Ateneo Curros Enríquez" durante os anos 1944, 1952-1956 e 1958-1970, conservadas en formato microficha.

Ateneo Curros Enríquez

Carta do Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas

O Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, acusa recibo dunha carta previa do Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, na que daba conta da nova composición da Xunta Directiva da institución.

Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa

Carta enviada por Vicente Peña Saavedra

Carta enviada por Vicente Peña Saavedra, do Departamento de Pedagoxía Sistemática da Universidade de Santiago de Compostela, a Joaquín Alonso, da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" o 26/06/1986, para agradecerlle a súa carta previa e pedirlle información sobre as súas escolas e sobre outras entidades uruguaias.

Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata

Correspondencia enviada pola Xunta Directiva

Libros copiadores da correspondencia enviada pola Xunta Directiva da sociedade "Centro Gallego de Montevideo", conservados en formato dixital:

  • 1885-1887
  • 1888-1890
  • 1882-1885
  • 1890-1894
  • 1894-1898
  • 1898-1900
  • 1900-1909
  • 1909-1923
  • 1923-1932
  • 1932-1934

Centro Gallego de Montevideo

Sobre

Sobre co emblema da sociedade "Centro Gallego de Montevideo".

Centro Gallego de Montevideo

Carta enviada a Pilar Cajiao Vila

Carta enviada o 29/02/2000 a Pilar Cajiao Vila, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, polo Presidente, José María Penabad López, e a Secretaria, María Teresa Pereira García, da recién constituída Xunta Directiva da Asociación "Lar Galego" do día 21/09/1999, conservada en formato papel (fotocopias).

Lar Gallego de Costa Rica

Carta enviada a María Xosé Rodríguez Galdo

Carta enviada o día 29/10/1996 polo Presidente do "Centro Gallego de México, Asociación Civil", Manuel Martínez Pérez, á Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15/10/1996, solicitando información, conservada en formato papel (fotocopias).

Adxunta á carta documentación relativa ao Centro:

  • Escudo
  • Estatutos vixentes
  • 14 números da revista "Anduriña"

Centro Gallego de México, A. C.

Tarxetas postais

Tarxetas postais enviadas polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" como felicitación de Nadal dos anos:

  • 1990
  • 199?
  • 1997
  • 200?

Patronato da cultura galega de Montevideo

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:

  • Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
  • Programa de actos polo 75º aniversario
  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Centro Gallego de Santa Fé

Results 21 to 40 of 248