Publicacións sobre o 1º Congreso Mundial de Casas Regionales y Centros Españoles, organizado pola "Federación española de casas regionales y provinciales" e celebrado en Salamanca os días 9 a 11 de setembro de 1988, conservados en formato papel:
Programa (19 páxinas)
Proxecto de Ponencias (78 páxinas)
Federación española de casas regionales y provinciales
Libro (112 páxinas) publicado no 40 aniversario do Día das letras Galegas con ocasión do decenario do debut do CUGAB no Paraninfo da UB. Inclúe memoria e edición conmemorativa de partituras orixinais.
Folleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.
Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.
Folletos que recollen os discursos pronunciados en actividades organizadas por Sociedades españolas en Cuba:
"Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba, en Madrid en el banquete que le fue ofrecido en el Teatro Nacional de la Habana por las Sociedades Regionales Españolas de Cuba : 23 de Mayo de 1921", conservado en formato dixital e impreso.
Discursos recollidos na edición facsímil do folleto: "Recuerdos de la velada literaria del 2 de mayo de 1885 en el Centro Gallego de La Habana", conservados en formato papel.
Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria
Programas das actividades organizadas pola "Sociedad cultural recreativa Carballeira" con motivo do Día de Galicia de 1986 e 1990. O programa de 1986 está grampado ao programa de actividades editado polo "Ayuntamiento de Zarautz" coas actividades programadas para os meses de xuño a outubro.
Documentación relativa ás actividades do grupo folclórico do "Centro Galego de Bruselas", conservada en formato papel:
Folla voandeira da actuación "Galicia baila en Bruselas" (02-03/11/1979).
Folleto das actividades organizadas no "Día de Galicia na emigración" (05/04/1980) pola "Xunta de organizacións galegas de Europa" e o "Centro Galego de Bruselas".
Folla voandeira das actividades organizadas no "Día de Galicia na emigración" (05/04/1980) pola "Xunta de organizacións galegas de Europa" e o "Centro Galego de Bruselas".
Informe e programa do festival folclórico e cultural organizado con motivo do "Día da Festa Nacional e da Hispanidade" (10/10/1980).
Folla voandeira da actuación "Galicia baila en Bruselas" (08/12/1990).
Programa das actividades organizadas pola Sociedade Galega Sementeira de Basilea con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, conservado en formato papel.