Esta publicación societaria foi editada para informar aos socios do balance económico anual da entidade e das diversas actividades realizadas durante ese período.
Números conservados en papel:
1949: xaneiro (30º aniversario), decembro (31º aniversario) 1950: decembro (32º aniversario) 1951: decembro (33º aniversario) 1953: xaneiro (35º aniversario) 1954: decembro (36º aniversario) 1956: xaneiro (37º aniversario), [decembro] (periodo 1955-1956) 1960: febreiro (41º aniversario) 1962: abril (43º aniversario)
Memoria elaborada por un grupo de socios descontentos ante a Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservada en formato papel.
Informe da Comisión Directiva da sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires" sobre o exercicio financieiro 1947-1948 conservado en formato orixinal mecanografado.
"Asociación Española de Beneficencia : 1996 : Memoria correspondiente a las labores y al estado económico de la Asociación durante el periodo pasado presentado por la Junta Directiva a la Asamblea General Ordinaria", conservada en formato papel.
Esta publicación societaria foi creada polo Centro Gallego de Puerto Rico como voceiro oficial da entidade, coa finalidade de difundir as actividades realizadas pola colectividade galega asentada neste país.
Edición facsimilar da memoria do ano 1917-1918 da sociedade "Casa de España en Santo Domingo" publicada pola Fundación García Arévalo, Inc. en 1987, no momento de cumplirse o seu 70º aniversario. Inclúe o traballo de Manuel A. García Arévalo "La inmigración española y la fundación de la Casa de España en Santo Domingo".