Estatutos do "Centro Galicia en Ponferrada" (15 páxinas), redactados de conformidade co establecido na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 15 de xullo de 1992, conservados en formato papel.
Estatutos do Centro Galego de Barcelona aprobados en Asamblea Xeral Extraordinaria do 10/11/1984, publicados co texto en galego e en castelán (30, 31 páxinas), conservados en formato papel.
Estatutos da sociedade, aprobados en Asemblea Extraordinaria o día 31 de maio de 1973, pasando a denominarse "Centro Gallego de Berna", conservados en formato papel (fotocopias).
Edición bilingüe galego-castelán do proxecto de Estatutos da Federación de Asociacións Galegas na Suiza (FAGS) (03/1973), 12 páxinas
Borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), coa proposta de modificacións da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego (1980).
Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza aprobados no III Congreso celebrado en Lausana (26/05/1985), 5 páxinas (fotocopias)
Folleto publicado en 2008 cos Estatutos da "Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos" aprobados o 04/09/1914 e reformados o 17/07/1918 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.
Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos