Showing 570 results

Archival description
Publicacións periódicas
Print preview View:

1 results with digital objects Show results with digital objects

Xuntémonos

Esta publicación societaria editouse para homenaxear á banda de gaitas da sociedade Xuntanza Fillos de Ourense en Venezuela. Fan un percorrido polos membros do grupo folclórico galego e pola súa andaina artística, facendo un especial fincapé pola súa visita a Galicia no ano 2000 con motivo do Campionato Liga Galega de Bandas de Gaitas. Destacan sobre todo a súa visita a numerosos concellos ourensáns nos que actuaron para os seus paisanos; así como a súa participación na toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia de Manuel Fraga.

Número conservado en formato papel:

2001: n. 1 (ed. especial)

Asociación Civil Fillos de Ourense

¡Terra! : Boletín Informativo

Esta publicación de carácter político, actúa como portavoz deste grupo, co obxectivo de loitar por unha España democrática e reivindicar a personalidade propia dos pobos catalán, galego e vasco. A revista recolle crónicas, artigos, comentarios e outro tipo de escritos arredor da situación socio-política en España.Tamén informa das opinións e reaccións políticas noutros países con respecto ao réxime franquista.

Número conservado en formato papel:

1974: n. 1

Junta Democrática de Galicia en Caracas

Vivero en Cuba : Revista de la Ilma. Sociedad Vivero y su comarca

Esta publicación societaria comezou a editarse en 1911 como voceiro da sociedade de instrución Vivero y su comarca. Esta revista responde ao arquetipo das publicacións de sociedades: descrición das súas actividades, noticias da comarca, artigos diversos sobre Galicia, notas sociais e páxinas literarias. Tiveron como lema da publicación os seguintes ditos tomados de insignes reformadores como «Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra», «Instruirse es una obligación», «El salvador fue maestro», «La instrucción es de necesidad pública» (Concepción Arenal) «El primer deber de un ciudadano es instruirse. El segundo es trabajar. Quien funda una escuela civiliza. Quien educa hombres hace patria» (J. N. Aramburu).
Estivo dirixida por Jesús Peynó, Francisco Docal, M. Barreiro, F. Almoina, X. Del Valle Mora, A. Fernández e foron colaboradores habituais J. M. Riguera Montero, Constantino Horta, José del Valle Moré, Perfecto Cobo García, Vicente Otero Cao, E. Saavedra L, P. M. T., Pascual Ramos, Andrés Prieto, Francisco Docal, José T. Pit, Miguel Roldán, Enrique Chao Espina, Alberto Michelena, Perfecto Guerreiro Santín, José Rivas y Pernas, Eduardo Núñez Martínez, D'Arxellas, Jorge Castelo Briz, Blanca Espinar ou César Michelena Rebellón.

Número conservado en formato dixital e impreso:

1954: maio

Vivero y su comarca

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.

Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:

1992 (150 páxinas)

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Coro Galego Brétemas e Raiolas : No seu 5º ano de eisistencia

Esta publicación cultural está editada con motivo do quinto aniversario do Coro Galego Brétemas e Raiolas. Contén colaboracións literarias e traballos sobre diversos aspectos da cultura galega, especialmente sobre a música e os coros e inclúe artigos nos que se fan varios chamamentos á mocidade emigrante para que non esqueza as súas orixes e participe nas actividades da colectividade. A revista complétase cunha breve descrición da historia do Coro e doutras institucións culturais galegas e un programa dos actos que van ser celebrados.

Número conservado en papel:

1958: n. único (5º aniversario da institución)

Coro galego Brétemas e Raiolas

Centro Betanzos

Esta publicación, editada polo Centro Betanzos de Bos Aires, está asinada por A. Suárez do Pazo. Está totalmente dedicada á figura de Castelao, como unha homenaxe tras o seu pasamento.

Números conservados en papel:

1950

Centro Betanzos

Memoria y balance ejercicio 1910-1990

Esta publicación societaria, "1910-80º aniversario-1990", foi publicada con motivo da celebración do 80º aniversario fundacional da sociedade editora onde fan un percorrido pola historia desta entidade e das actividades organizadas na actualidade.

Sociedad parroquial de Vedra de mutualidad y cultura

Miña Terra : Boletín Informativo de de la Sociedad Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y Recreativa

Esta publicación societaria contén fundamentalmente noticias e informacións sobre a entidade editora, ademais de artigos de información xeral e de España, noticias culturais, colaboracións literarias, seccións recreativas, información para emigrantes (axudas, pensións) e páxinas sociais.

Números conservados en papel:

1992: n. 1
1993: n. 2
1994: n. 3
1998: n. 6-7
2001: n. 9
2003: n. 11

Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa

Asociación Unión del Partido Judicial de Órdenes

Publicación societaria con novas sobre a marcha da entidade e das diversas actividades que se organizan. Tamén hai artigos sobre a historia da mesma ou unha sección gráfica titulada "Órdenes en el recuerdo".

Número conservado en papel:

2005 (24 páxinas)

Asociación Unión del Partido Judicial de Órdenes

Órdenes : Revista trimestral

Esta revista está editada polas dúas sociedades de emigrantes naturais do concello de Ordes residentes na Arxentina, "Asociación Unión del Partido Judicial de Órdenes" e "Asociación Residentes de los municipios Unidos del Partido de Órdenes" para informar das diversas actividades que organizaban para os socios; aparecen tamén artigos referentes á cultura galega en xeral.

Número conservado en papel:

1993: n. 1 (fotocopias)

Asociación Unión del Partido Judicial de Órdenes

Nuestra obra : revista mensual de la sociedad Hijos del Ayuntamiento de Coirós

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

O AEG conserva o n. 1 (1924) da publicación, que aparece reproducido na obra "Sociedade Hijos del Ayuntamiento de Coirós, 1906-2006" de Manuel Fiaño e Miguel Gayoso, conservado en formato dixital.

Asociación Casa Coirós, cultural y mutualista

Centro Gallego de Montreal : Revista Deportiva

Esta revista deportiva está editada anualmente polo Centro Gallego de Montreal para informar das actividades deportivas desenvolvidas por esta sociedade, ademais de recoller as noticias do mundo do deporte de interese que se organizan nesta cidade canadiana.

Número conservado en formato papel:

1987

Centro Gallego de Montreal

Club Hispano : Boletín Mensual

Prensa societaria editada para informar das diferentes actividades organizadas pola entidade editora, dos movementos de contabilidade, noticias de secretaría, etc. Tamén aparecen numerosas noticias extraídas da prensa española (sobre todo noticias sobre o mundo taurino e sobre a situación dos emigrantes españois, axudas, etc.). Hai varias seccións como «Humor», «Páginas de la mujer», noticias deportivas, etc.

Números conservados en formato papel:

Fotocopias:
1ª época:

1968: setembro
1970: xuño; xullo; agosto; setembro; outubro; novembro; decembro
1971: marzo; abril; maio; xuño; xullo; setembro; outubro; novembro
1972: xaneiro; marzo; abril; maio; xuño; xullo; agosto; setembro; outubro; novembro; decembro

Orixinais:
2ª época:
1994: febreiro
1996: abril, agosto
1997: febreiro; marzo; agosto; outubro; novembro
1998: xaneiro; febreiro; marzo; maio; xuño; xullo; outubro
1999: xaneiro; febreiro; marzo; abril; agosto; novembro; decembro
2000: xaneiro/febreiro; marzo; abril; maio; xuño/xullo; agosto; setembro; novembro; decembro
2001: febreiro; abril; maio/xuño; xullo; agosto; outubro; novembro
2002: xaneiro, marzo/abril, xuño/xullo
2003: febreiro/marzo, maio, xuño, agosto, setembro, decembro
2004: xaneiro, febreiro, marzo, agosto/setembro, novembro/decembro
2005: novembro
2006: xaneiro, novembro
2009: xaneiro, febreiro, marzo, maio, xuño
2010: febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo/agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

Club Hispano de Toronto

Nosas Follas : Boletín de la Asociación Gallega del Perú

Este boletín societario aspira segundo o seu editorial a «contribuir para dejar un testimonio de la existencia de la galleguidad en Perú». Destaca a información sobre os actos sociais realizados pola entidade, que se complementa con artigos, opinións e notas de temática moi variada: noticias de Galicia, discusións lingüísticas, experiencias persoais de emigrantes en Perú e algunha colaboración literaria.

Números conservados en formato papel:

1ª etapa:

1994: n. 1
1995: n. 2
1996: n. 3-4
1998: n. 5

2ª etapa:

2000: [n.s.] n. 2

Asociación gallega del Perú

Results 461 to 480 of 570