Showing 606 results

Archival description
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América File
Print preview View:

25 results with digital objects Show results with digital objects

Publicacións pola festividade do Apóstolo

Folletos editados con motivo da festividade do Apóstolo, conservados en formato papel:

  • Díptico "Festividades do Apóstolo Xacobeo '99", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Díptico "Exposiçao Aquarelas : Antonio Lobo" (2001)
  • Tríptico "Festival Santiago Apóstol Caballeros de Santiago 2001", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Políptico "Festividades Santiago Apóstolo 2007", co programa de actos.

Vídeo con motivo da festividade do Apóstolo do ano 2007, conservado en formato DVD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Fotografías de Presidentes

Fotografías dos retratos dos diferentes Presidentes da "Sociedade Espanhola de Beneficência Hospital Espanhol" dende a fundación ata a actualidade, conservadas en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Carnés de socios

Carnés de asociados do "Centro Gallego de La Habana" conservados en formato dixital. Dous pertencen ao antigo Presidente da sociedade "El Valle de Lemos", Eladio Vázquez Nieto.

El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo

Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires"

Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada ao Presidente da sociedade "Hijos del Partido de Lalín" relativa ao proxecto de colaboración para a construcción dunha escola-hospital-asilo (05/10/1928)
  • Proxecto e memoria e balance da sociedade arxentina

Hijos del Partido de Lalín

Documentación societaria

Documentación da sociedade "Unión de Baleira", conservada en formato dixital:

  • Certificado de inscrición da sociedade no Rexistro de Contribuíntes do Ministerio de Facenda de Cuba do 01/03/1937 (1 páxina)
  • Ficha do socio Ramón Cabezas López (1 páxina)
  • Convocatoria e orde do día á Xunta Directiva do día 15/01/1973 (1 páxina)

Unión de Baleira

Libro de Actas, Listaxe de membros e Regulamento da Sección de Arte e Cultura

Libro de Actas das reunións da Sección de Arte e Cultura da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro con 38 actas dende o 15/02/1977 ata o 14/08/1980 (43 páxinas), que inclúe ao comezo do volume listaxe de socios e os artigos do Regulamento relativos a esta sección

Agrupación artística gallega

Convites

Convites:

  • 2 convites conminando á adhesión polo Día das Letras Galegas
  • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense os días 17-30/09/1970 de artesanía e postais galegas
  • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense entre o 21/04/1972 e o 04/05/1972 de affiches sobre motivos galegos realizados polo debuxante Manuel Cordeiro

Lume novo

Folletos do Centro Galicia de Buenos Aires

Folletos do Centro Galicia de Buenos Aires:

  • Folleto con información sobre as entidades precedentes e o Centro Galicia, as súas sedes sociais e deportivas nese momento e a futura sede social (05/1988) (16 páxinas)
  • Folleto informativo sobre a institución, as actividades culturais e deportivas que desenvolve, as súas instalacións e o anuncio do primeiro centro educativo arxentino-galego (07/1992) (24 páxinas)
  • Folleto con información mutualista e o programa do Festival Anual de fin de curso de 1993 (28 páxinas)

Centro Galicia de Buenos Aires

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Enrique Labora Lesta, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, en contestación a un requerimento previo de información.

Xunto coa carta adxuntan a enquisa "As sociedades galegas no mundo".

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Libro de actas das reunións da Comisión Directiva

Libro de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade "Centro Lalín de Buenos Aires".

Conservados en orixinal os anos 1982-1987:

-1982: 25 de xullo (acta fundacional e estatutos); 6 de agosto (nº 1); 10 de setembro (nº 2); 18 de outubro (nº 3); 20 de novembro (nº 4); 17 de decembro (nº 5)
-1983: 19 de marzo (nº 6); 21 de maio (nº 7); 12 de novembro (nº 8); 3 de decembro (nº 9)
-1984: 23 de marzo (nº 10); 14 de abril (nº 11); 16 de xuño (nº 12); 30 de xuño (nº 13); 21 de xullo (nº 14); 18 de agosto (nº 15); 31 de agosto (nº 16); 7 de setembro (nº 17); 15 de setembro (nº 18); 20 de outubro (nº 19); 16 de novembro (nº 20); 27 de decembro (nº 21)
-1985: 19 de xaneiro (nº 22); 16 de febreiro (nº 23); 8 de marzo (nº 24); 23 de marzo (nº 25); 6 de abril (nº 26); 19 de abril (nº 27); 4 de maio (nº 28); 17 de maio (nº 29); 1 de xuño (nº 30); 21 de xuño (nº 31); 6 de xullo (nº 32); 3 de agosto (nº 33); 30 de agosto (nº 34); 7 de setembro (nº 35); 20 de setembro (nº 36); 5 de outubro (nº 37); 11 de outubro (nº 38 extraordinaria); 18 de outubro (nº 39); 9 de novembro (nº 40); 15 de novembro (nº 41); 7 de decembro (nº 42); 20 de decembro (nº 43)
-1986: 4 de xaneiro (nº 44); 1 de febreiro (nº 45); 21 de febreiro (nº 46); 1 de marzo (nº 47); 21 de marzo (nº 48); 5 de abril (nº 49); 18 de abril (nº 50); 3 de maio (nº 51); 16 de maio (nº 52); 7 de xuño (nº 53); 20 de xuño (nº 54); 5 de xullo (nº 55); 18 de xullo (nº 56); 2 de agosto (nº 57); 23 de agosto (nº 58); 6 de setembro (nº 59); 27 de setembro (nº 60); 4 de outubro (nº 61); 18 de outubro (nº 62); 1 de novembro (nº 63); 21 de novembro (nº 64); 6 de decembro (nº 65)
-1987: 3 de xaneiro (nº 66); 7 de febreiro (nº 67); 20 de febreiro (nº 68); 7 de marzo (nº 69); 20 de marzo (nº 70); 4 de abril (nº 71)

Centro Lalín de Buenos Aires

Recortes de prensa

Recortes de prensa conservados en formato dixital:

  • Recorte sobre a "Importancia de la Fábrica de As Pontes de García Rodríguez para el campo gallego"
  • Recorte sobre "Las explotaciones protegidas de Galicia"

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Actas sobre a constitución da sociedade en España

Actas relativas á constitución da sociedade en España, conservadas en formato dixital e impreso:

  • Certificado da Acta número 1 da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa, Ribadeo, do día 09/10/1911, relativa á financiación da construcción do edificio social. Contén o "Legado Pedro Murias" (7 páxinas)
  • Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa o día 03/01/1912 con motivo da constitución dunha sociedade homónima en España (4 páxinas)
  • Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera o día 12/01/1912 na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo (5 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Results 501 to 520 of 606