Esta publicación do Centro Gallego de Avellaneda foi editada como órgano oficial da entidade onde se publicitaban as actividades sociais; tamén aparecen artigos sobre Galicia e colaboracións literarias, así como biografías de galegos destacados. Contén numerosas fotografías e publicidade.
Número conservado en formato papel (fotocopia) e dixital:
Esta publicación societaria foi editada polo Centro Gallego de Avellaneda desde o 1 de setembro de 1903. Dedica a maior parte das súas páxinas a aspectos internos da institución e a informar dos diferentes actos sociais e culturais organizados pola entidade (cursos, conferencias, romarías, festas, etc.); tamén inclúe notas sociais da colectividade galega asentada en Avellaneda («Sección Oficial», «Ecos sociales»). Aparecen artigos que abordan temas culturais, colaboracións literarias, etc.
Números conservados en formato microfilme e dixital:
Publicación societaria editada por esta asociación de emigrantes, onde a directiva informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas na actualidade pola entidade.
Este periódico agrario xurdiu en Bos Aires no ano 1917 como resposta ao peche do xornal agrarista e anticaciquil «El Despertar», editado en Salceda de Caselas baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento denomínase «La Voz del Centro», pasando a chamarse «El Agrario» posteriormente, máis acorde coa súa finalidade, pois pese a ser o órgano oficial da entidade e ofrecer ampla información sobre a mesma (actividades, noticias sociais, asembleas, etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados agraristas.
O AEG conserva o número extraordinario 85 editado en Bos Aires con motivo da celebración do 5º aniversario da saída do xornal, en formato papel e dixital.
Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda