Folleto co currículo de Úrsula Heinze e o programa elaborado para o Día das Letras Galegas de 1997 polo "Centro de Estudos de Língua e Cultura Galegas" (CELGA) da Universidade Federal da Bahía (UFBA), coa colaboración da Sociedade Cultural Caballeros de Santiago, conservado en formato papel.
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Carta do Secretario da sociedade "Hospital Espanhol", Andrés Gutiérrez y Gutiérrez, enviada á Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15 de outubro na que solicitaban documentos e información societaria. Xunto coa carta envían a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas", o escudo societario e unha memoria do ano 1993.
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Memoria correspondente aos anos 1910-1912 de actividade da "Asociación iniciadora y protectora de la Real Academia Gallega", conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación iniciadora y protectora de la Real Academia Gallega
Regulamentos da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia":
Conservados en formato papel:
Regulamento formulado o 31/12/1871 e aprobado pola Xunta Xeral o 21/01/1872 (27 páxinas) (fotocopias) Regulamento aprobado pola Xunta Xeral o 01/12/1913 (25 páxinas)
Conservados en formato dixital:
Regulamento xeral aprobado pola Xunta Xeral o 21/12/1879 (24 páxinas)
Memorias presentadas pola Xunta Directiva da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia":
Conservadas en formato papel (fotocopias): 1872-1888, 1923 Conservadas en formato papel (orixinais): 1921-1922, 1924-1937 Conservadas en formato dixital e impreso: 1938
"Memoria del curso escolar 1954-1955 del Plantel Concepción Arenal : La Habana, 1955" publicada na Habana en 1955 pola Sección de Cultura e de Bellas Artes do "Centro Gallego de La Habana", conservada en formato papel.
Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria
Documentación da Casa de saúde "La Benéfica" do "Centro Gallego de La Habana":
Álbum "Portfolio Galicia : La Benéfica, Casa de Salud del Centro Gallego de La Habana" publicado en A Coruña en 1904, conservado en formato papel.
Folleto "Como se alimentan los enfermos de la Casa de Salud La Benéfica del muy ilustre Centro Gallego de La Habana" (37 páxinas) publicado na Habana en 1930, conservado en formato dixital e impreso.
Folleto co programa de goberno da agrupación "Afirmación y Defensa" (Candidatura nº 2 ás eleccións de 1943) (11 páxinas), conservado en formato papel.
Folleto sobre o goberno do Centro Galego, elexido por Afirmación y Defensa (Candidatura nº 2) (31 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Documento mecanografado "La atención médica integral a la tercera edad en las comunidades españolas" do 01/06/1990, conservado en formato papel (fotocopias).
Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria